- Tematica
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 19 de xuño a concesión de 10.000 euros repartidas en bolsas para 21 deportistas de Ames. Esta convocatoria de bolsas ten por obxecto apoiar a práctica e ao rendemento deportivo, así como posibilitar a participación dos/as deportistas do concello en eventos deportivos, facilitándolles o acceso a unha preparación integral idónea. Cada deportistas pode optar a unha axuda máxima de 700 euros.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, volve apostar pola promoción dos/as deportistas individuais do municipio. Esta liña de axudas de bolsas púxose en marcha por primeira vez en 2024. Este ano dáselle continuidade a esta convocatoria de subvencións co obxectivo de promocionar o deporte local de Ames e axudar aos deportistas amesáns na consecución dos seus logros deportivos. Moitos destes deportistas teñen dificultades para progresar en disciplinas individuais (olímpicas ou non olímpicas), especialmente nas etapas de formación.
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, sinala que o obxectivo destas bolsas é “apoiar aos/as deportistas individuais de Ames, como medio para promover o deporte do municipio e, desta forma, conseguir logros deportivos para o concello”. Así, explica que “o que se pretende é axudar á práctica e ao rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e á obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel”.
Esta convocatoria de bolsas ten por obxecto apoiar a práctica e ao rendemento deportivo, así como posibilitar a participación dos/as deportistas do concello en eventos deportivos, facilitándolles o acceso a unha preparación integral idónea. Ten a consideración de deporte de carácter individual todo aquel deporte que, segundo a súa regulamentación, é practicado por unha ou dúas persoas como máximo. Só é subvencionable unha única modalidade deportiva por solicitante e convocatoria.
Concesión de 21 bolsas
Deste xeito, a Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 19 de xuño a concesión de 10.000 euros repartidos en bolsas para 21 deportistas de Ames. O importe individual das achegas concedidas non pode superar os 700 euros.
Os deportistas que obtiveron dita bolsa foron: Amelia Picallos Requeijo (ximnasia rítmica), Brais Carreira Blanco (squash), Cosme Delgado González (ximnasia rítmica), Daniel García Lema (piragüismo), Diego Cacheiro Blanco (xadrez), Enzo Mato Del Río (piragüismo), Fernando Ferrer Cuadrado (squash), Gael Prieto Mariño (squash), Iávor Ricárdov Moreno (billar), Inés Peña Rodríguez (patinaxe), Iván Gutierrez Mosquera (ximnasia rítmica) e Jorge Sanmartín Villanueva (patinaxe).
Tamén recibiron unha bolsa Mara Prieto Mariño (squash), María Estévez Vázquez (atletismo), Martín Lois Fernández (taekwondo), Mauro Vilas Macías (squash), Natalia Díez Mariño (esgrima), Nicolas Collazo Santamaría (atletismo), Noa de la Vega Ruíz (golf), Olivia Parga García (karate) e Xoán David Parga García (karate). Ademais, houbo dous deportistas que non obtiveron a puntuación mínima para poder optar a unha axuda.
Das 21 bolsa concedidas catro foron para deportistas que practican squash, tres para deportistas de ximnasia rítmica, outras tres para rapaces e rapazas que practican patinaxe, dúas para deportistas de karate, dúas para rapaces de piragüismo, e outras dúas para deportistas que fan karate. As cinco bolsas restantes foron para deportistas que practican xadrez, billar, taekwondo, esgrima e golf.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames apoia 21 deportistas individuais con 10.000€ en axudas"
Diario de Santiago: "O Concello aproba a concesión de 10.000 euros repartidos en 21 bolsas para deportistas de Ames"





