[29-03-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, advirte de que determinadas persoas están indo polas portas das casas dos veciños e veciñas de Ames realizando enquisas para os Servizos Sociais municipais. Dende o departamento de Servizos Sociais advírtese que non se está realizando ningún tipo de enquisa e recoméndase non dar ningún tipo de dato persoal a estas persoas. Este feito xa se puxo en coñecemento da Policía Local, que xa está traballando para detectar estas prácticas fraudulentas.
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, explica que “dende o Concello temos coñecemento que nos últimos días unha serie de persoas están intentando realizar enquisas entre a veciñanza amesá, dicíndolles que os datos son para os Servizos Sociais. Queremos advertir que na actualidade non se está realizando ningunha enquisa polo se debe ter coidado e non dar ningún tipo de dato a estas persoas xa que se pode tratar dunha estafa”.
Estas persoas están acudindo sobre todo ás casas de persoas maiores coa intención de sacarlles datos, polo que se recomenda non dar ningún tipo de dato persoal a estas persoas. Este feito xa se puxo en coñecemento da Policía Local, que xa está traballando para detectar estas prácticas fraudulentas.
Dende o Concello de Ames recoméndaselle á veciñanza que estea alerta e que se reciben a visita nas súas casas dalgunha persoa pedindo datos para os Servizos Sociais do Concello, se poñan en contacto coa unidade municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns chamando ao número 981 890 964 ou coa unidade municipal de Servizos Sociais do Milladoiro a través do número de teléfono 981 535 941. Outra opción é chamar á Policía Local a través do teléfono 619 76 75 75.
Contido relacionado

La Voz de Galicia:"Tratan de estafar a mayores en Ames obteniendo sus datos mediante falsas encuestas"
La Voz de Galicia:"El Concello de Ames advierte de unas encuestas que simulan ser para los servicios sociales"




