Pestanas principais

O concelleiro Ramón Senra incorpórase ás áreas de Promoción Económica, Traballo e Turismo do Concello de Ames

Martes, 07 de abril de 2015

[07-04-2015] Ramón Senra vén de asumir as competencias de Promoción Económica, Traballo e Turismo do Concello de Ames, tras a toma de posesión da súa acta como novo concelleiro da corporación municipal no pleno do mes de marzo.

Senra, que é natural da parroquia de Piñeiro, asegura sentirse “moi satisfeito” de formar parte do grupo de goberno do seu municipio no que aspira a compartir as súas inquedanzas co alcalde e cumprir as necesidades da veciñanza, “sempre que as posibilidades o permitan”.  

Gandeiro de profesión, concorreu na lista dos populares de Ames en varias ocasións e afronta esta nova etapa con optimismo. “Estou encantado e teño moitas ganas de traballar para os meus veciños. Quero axudar en todo o que poida e traballar da man do persoal municipal”, apunta Senra.  

Durante os seus primeiros días como concelleiro mantivo un encontro coa Asociación de Empresarios do Milladoiro para falar da Feira do Comercio e tamén visitou unha finca próxima á praia fluvial de Tapia onde está previsto que se realicen labores de acondicionamento.  

O rexedor, Santiago Amor, manifesta a súa satisfacción por incorporar a unha persoa con tanto entusiasmo e ganas e reforzar o grupo de goberno. Por outra parte, a concelleira de Cultura e Deportes, Ana Ruso, asumiu o cargo de voceira do grupo municipal popular tras substituír a Bernardo Moar.  

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ramón Senra, edil de Ames, asume las áreas de Traballo, Turismo y Promoción Económica"