Pestanas principais

O concelleiro do Partido Popular, Bernardo Moar Míguez, renunciou voluntariamente na mañá de hoxe á súa acta de concelleiro en Ames

Martes, 03 de marzo de 2015

[03-03-2015] O concelleiro do Partido Popular, Bernardo Moar Míguez, renunciou voluntariamente na mañá de hoxe á súa acta de concelleiro da Corporación Municipal de Ames, motivado por un feito acontecido esta fin de semana relacionado cun incidente de tráfico.

Na mañá de hoxe foron distribuídas as tenencias de alcaldía sendo asumidas polos edís Alfredo Taboada e Ana Ruso. 

As áreas serán repartidas entre os concelleiros que conforman o goberno municipal e das que se dará conta nos vindeiros días.