Pestanas principais

O club Xuventude Milladoiro organiza un Maratón de Fútbol Sala de equipos veteranos para os días 17 e 18 de marzo

Venres, 09 de marzo de 2018

[09-03-2018] O pavillón municipal do Milladoiro acollerá, os vindeiros 17 e 18 de marzo, un Maratón de Fútbol Sala organizado polo club Xuventude Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames e a Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago. Para participar será preciso inscribirse, ata o 15 de marzo ás 21:00 horas, na tenda de informática e telefonía Pamasat no Milladoiro ou na cafetaría da Casa da Cultura da mesma localidade. Na maratón poderán xogar equipos de veteranos maiores de 33 anos. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 698 151 474 ou enviar un correo electrónico ao enderezo xuventudemilladoiro@gmail.com.

O club Xuventude Milladoiro organiza para os vindeiros 17 e 18 de marzo o I Maratón de Fútbol Sala de equipos veteranos, cuxos integrantes deberán superar os 33 anos de idade. Cada equipo estará conformado por un mínimo de cinco xogadores e un máximo de 12. O Maratón regularase en base ás regras e normas establecidas pola Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS). Cada partido gañado suporá a obtención de tres puntos. No caso de empataren, os equipos só recibirán un punto, mentres que os equipos que perdan non levarán ningún. O evento conta coa colaboración do Concello de Ames e da Agrupación de Deportistas Veteranos de Santiago.

O sorteo dos grupos e dos horarios terá lugar o 16 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. O Maratón desenvolverase entre as 19:00 horas do sábado 17 e as 19:00 horas do domingo 18, no pavillón municipal do Milladoiro. Haberá premios para os tres primeiros equipos clasificados. O primeiro premio estará dotado con 850 euros, o segundo con 500€ e o terceiro con 250 euros. Ademais, os tres equipos serán agasallados cun trofeo.

Tramitación das inscricións
As inscricións para participar no Maratón poderán ser realizadas ata o 15 de marzo, ás 21:00 horas, tanto na tenda de informática e telefonía Pamasat no Milladoiro, como na cafetaría da Casa da Cultura da mesma localidade. No momento da inscrición haberá que entregar un documento debidamente cumprimentado; o documento pode ser descargado na seguinte ligazón http://www.xuventudemilladoiro.com/torneo/inscripciones.php. A inscrición ten un prezo de 100 euros.

As persoas interesadas que queiran obter máis información poden chamar ao número de teléfono 698 151 474, enviar un correo electrónico ao enderezo xuventudemilladoiro@gmail.com ou consultar a páxina web http://www.xuventudemilladoiro.com/torneo/index.php. Nos próximos meses, o equipo Xuventude Milladoiro organizará novas Maratóns de Fútbol Sala, orientadas tanto a crianzas como a persoas de todas as idades. 



Contido relacionado


Ames Go: "O club Xuventude Milladoiro organiza un Maratón de Fútbol Sala de equipos veteranos para os días 17 e 18 de marzo"