Pestanas principais

O Club Voleibol Bruxas xogará a próxima temporada na primeira división nacional feminina

Martes, 13 de agosto de 2019

As rapazas do equipo feminino do Vitaldent Santiago CV Bruxas xogarán a vindeira temporada na primeira división nacional feminina. O primeiro partido será o 5 de outubro fronte ao equipo de Fertiberia Los Campos no pavillón municipal de Bertamiráns. O equipo amesán conseguiu o ascenso despois de quedar, a temporadas pasada, campión da primeira división autonómica e subcampioas da fase de ascenso á categoría de bronce do voleibol español. 

O Club Voleibol Bruxas vén de anunciar que a vindeira temporada 2019-2020 competirá na primeira división nacional feminina. O primeiro equipo feminino do CV Bruxas competirá no grupo A, tendo como rivais a Universidad de Salamanca, Universidad de Valladolid, Aceites Abril CVO, Rivas Ciudad del Deporte, Extremadura Apart. MM Badajoz, CD Heidelberg, Fertiberia Los Campos, CV Sanse, Feel Volley Alcobendas, Curtidora Universidad Oviedo e Aule. O primeiro partido será o 5 de outubro fronte ao equipo de Fertiberia Los Campos no pavillón municipal de Bertamiráns.

Este ascenso chega despois de que as rapazas do CV Bruxas fixeran a súa mellor temporada da historia, sendo campioas da primeira división autonómica e subcampioas da fase de ascenso á categoría de bronce do voleibol español. Os éxitos do equipo feminino súmase aos do primeiro equipo masculino, que competirán por segunda temporada consecutiva na Superliga 2, que é a división de prata a nivel nacional.

O presidente do Club Voleibol Bruxas, Fernando Lizuain, explica que “o ascendo do primeiro equipo feminino á primeira divisional nacional é un fito histórico. Estamos moi contentos e ao mesmo tempo afrontamos este reto con moita ilusión. Agora temos o equipo masculino na división de prata do voleibol nacional e o equipo feminino na división de bronce, algo que para un club como o Bruxas é algo histórico. Isto faranos medrar como club e ademais permitirá dar a coñecer Ames polo territorio nacional e polas illas Canarias”.

Equipo feminino sénior do Club Voleibol Bruxas

Multimedia

  • Partido do campionato galego sénior de voleibol  feminino
  • Partido do campionato galego sénior de voleibol  feminino
  • Partido do campionato galego sénior de voleibol  feminino
  • Partido do campionato galego sénior de voleibol  feminino