[30-03-2017] Os equipos sénior e xuvenil do Club Voleibol Bruxas acaban de clasificarse para xogar as finais dos campionatos galegos de primeira división autonómica sénior e xuvenil, máximas categorías do voleibol galego. Na primeira división sénior as rapazas do CV Bruxas quedaron clasificadas na segunda posición na liga regular con tan só tres partidos perdidos e trece ganados, mentres que o equipo xuvenil acabou a primeira fase da competición na cuarta posición con 12 vitorias e 6 derrotas.
O equipo sénior do Club Voleibol Bruxas disputará o vindeiro 23 de abril a fase final do campionato galego de voleibol. A sede de dito campionato está aínda por determinar por parte da Federación Galega de Voleibol. Xunto ao equipo amesán do CV Bruxas xogarán esta fase final o Caldaria Voley Ourense, o Zalaeta da Coruña e mailo AD Xiria de Carballo. O CV Bruxas clasificouse para dita final ao quedar en segunda posición na fase regular con tan só tres partidos perdidos e trece ganados. Posteriormente, na segunda fase do campionato xogaron a dobre partido contra as sétimas clasificadas da liga regular, o CV Pontevedra, gañando ambos partidos e clasificándose para o play off a catro polo título, no que o partido de semifinais xogarano contra o Zalaeta da Coruña.
Por outra banda, o equipo xuvenil do CV Bruxas tamén xogará a final do campionato galego de voleibol xuvenil feminino o próximo 9 de abril. Ao igual que no caso anterior a sede de dito campionato tamén está pendente de determinar por parte da Federación Galega de Voleibol. Os equipos finalistas son o EMEVE de Lugo, o Zalaeta da Coruña, o Xuvenil Teis de Vigo e o equipo amesán do CV Bruxas Ames, que quedou cuarto clasificado na primeira fase do campionato. Na segunda fase (eliminatoria para acceder ao play off) xogaron a dobre partido contra o conxunto quinto clasificado da liga regular, o Calasancias da Coruña, gañando ambos encontros e clasificándonos para o play off a catro polo título.
O presidente do Club Voleibol Bruxas, Fernando Lizuain, destacou que “o equipo sénior volve a clasificarse para disputar o play off polo título despois de facelo o ano pasado, pero ademais este ano temos que salientar a boa temporada feita polas rapazas do equipo xuvenil, que tamén se clasificaron para a final a catro, despois de que o ano pasado estiveran pelexando pola permanencia. Isto é froito do bo traballo que se se está facendo neste club”.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Fase final del gallego de voleibol sénior en Carballo"




