Pestanas principais

O club Santiago Black Ravens organiza no Milladoiro unha xornada de iniciación ao fútbol americano

Martes, 27 de agosto de 2013

[27-08-2013] O campo municipal de fútbol do Milladoiro acollerá o vindeiro domingo, 1 de setembro, un campus de iniciación ao fútbol americano. Está actividade está organizada polo club Santiago Black Ravens e conta coa colaboración do Concello de Ames. A través desta actividade preténdese dar a coñecer este deporte e captar novos colaboradores que se integren tanto na estrutura deportiva coma no corpo técnico dos Black Ravens. Esta xornada de iniciación está dirixida a persoas que teñan coma mínimo 16 anos. As inscricións poden realizarse ata este xoves 29 de agosto. Para elo hai que entrar na páxina web http://www.blackravens.es/ e acceder a un apartado específico que existe neste portal web para realizar as inscricións. Haberá que pagar 5 euros correspondente a un seguro que é necesario ter para poder participar no campus. As 10 primeiras inscricións serán gratuítas.

O club Santiago Black Ravens, en colaboración co Concello de Ames, organizou unha xornada de iniciación ao fútbol americano. Esta actividade desenvolverase o domingo, 1 de setembro, no campo municipal de fútbol do Milladoiro. Este club afincado en Santiago de Compostela pretende fomentar a practica do fútbol americano e as súas diferentes modalidades. Aínda que está afincado en Santiago, este equipo conta con xogadores de toda a contorna de Compostela (Ames, Brión e Teo), e incluso da Coruña.

A través deste campus preténdese dar a coñecer un deporte emerxente en Galicia e que aínda é descoñecido pola inmensa maioría da veciñanza. O obxectivo do club Santiago Black Ravens é captar novos xogadores e distintas persoas que queiran integrarse na estrutura do club. Este campus está dirixido a aquelas persoas de 16 anos en diante que lles guste o fútbol americano. Tamén está aberto a aquelas persoas que desexen coñecer as regras deste deporte.

A xornada comezará ás 10:00 horas coa presentación. A continuación farase unha pequena explicación das regras, tipo de xogadas, etc. Despois procederase á organización dos participantes e do material. Os participantes terán unha posición distinta no terreo de xogo dependendo da súa estatura e do peso. Tamén se traballarán as técnicas específicas do fútbol americano e tratarase a importancia do quecemento antes de practicar este deporte. A xornada estará dividida en sesión de mañá e tarde, cun descanso ao mediodía para comer. O campus rematará arredor das 19:00 horas.

As inscricións poden realizarse ata este xoves 29 de agosto. Para elo hai que entrar na páxina web http://www.blackravens.es/ e acceder a un apartado específico que existe neste portal web para realizar as inscricións. Haberá que pagar 5 euros correspondente a un seguro que é necesario ter para poder participar no campus. As 10 primeiras inscricións serán gratuítas.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Los Black Ravens buscan fichajes con un campus"