Pestanas principais

O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”

Luns, 11 de agosto de 2025

Este pasado sábado, 9 de agosto, a praia fluvial de Tapia acolleu a regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”, organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre, a Federación Galega de Piragüismo e, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes. Pola súa banda, o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre conseguiu oito podios na proba, destacando as vitorias acadadas por Hugo Leis (infantil A K1 masculino), Daniel García (alevín A masculino), Marco Pérez (benxamín K1 masculino) e Lucía García (benxamín A feminino). Na clasificación xeral de clubs, o equipo amesán rematou a regata no quinto posto, con 2.744 puntos. Pódese acceder á galería do evento na seguinte ligazón

A praia fluvial de Tapia acolleu este pasado sábado, 9 de agosto, unha nova edición da regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”, un evento que organizan de forma conxunta a Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre, a Federación Galega de Piragüismo e o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes. Este evento deportivo estivo dirixido a todos os clubs da provincia da Coruña que están a competir na modalidade de augas tranquilas.

En total, déronse cita en Tapia 285 deportistas das categorías base dun total de 11 clubs da provincia. A proba, cun percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, foi a cuarta das cinco probas que conforman o IV Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia (categorías prebenxamín-cadete) en embarcacións de K1 e C1. 

A proba que se celebrou en Ames foi a penúltima das cinco que forman o circuíto, polo que só queda unha derradeira cita, o vindeiro 21 de setembro en Narón, para poñer fin á competición. As probas restantes disputáronse en Rianxo, Outes e Miño. 

Resultados da IV Regata Provincial Ames
En canto á clasificación por equipos, o club Ría de Betanzos acadou o primeiro posto, con 4.746 puntos. Completaron o podio o Club Náutico Firrete no segundo caixón con 3.268 puntos e o Club Piragüismo Rianxo-Concello de Rianxo no terceiro posto, 3.015 puntos. Pola súa banda, o equipo amesán, Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, rematou a regata na quinta posición, cun total de 2.744 puntos. 

Por categorías, os resultados foron os seguintes: 

  •      Cadete K1 Masculino: 1º Adrián Filgueira (Club Grupo Xuvenil As Pontes), 2º Brais Cardezo (Club Ría de Betanzos) e 3º Brais Fuentes (Club Ría de Betanzos)
  •      Cadete K1 Feminino: 1º Sabela Fernández (Club Piragüismo Rianxo-Concello de Rianxo), 2º Candela García (Club Ría de Betanzos) e 3º Elba Casal (Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre)
  •      Cadete C1 Masculino: 1º Pablo Cid, 2º Pedro Fernández e 3º Diego Iglesias, os tres deportistas pertencentes ao Club Ría de Betanzos
  •      Cadete C1 Feminino: 1º Inés Becerra (Club Ría de Betanzos), 2º Lucía Prego (Club Rías Baixas-Boiro) e 3º Carmen Veleiro (Club Ría de Betanzos)
  •      Infantil A K1 Masculino: 1º Hugo Leis (club de piragüismo Ribeiras do Tambre), 2º Daniel Ferro (Grupo Xuvenil As Pontes) e 3º Daniel Reche (club de piragüismo Rianxo – Concello de Rianxo)
  •      Infantil A K1 Feminino: 1º Eva Viqueira e 2º Leila Yanes, ámbalas dúas do Club Ría de Betanzos e no 3º lugar María García (deportivo Náutico de Miño)
  •      Infantil A C1 Masculino: 1º Uxío Rodríguez (Escola de piragüismo Outes) e 2º Adrián Veiga (Ría de Betanzos)
  •      Infantil A C1 Feminino: Lua López (Club Náutico Firrete) completou a distancia como única participante nesta categoría 
  •      Infantil B K1 Masculino: 1º Diego Monzón (Náutico Firrete), 2º Sancho Rey (Sociedade Deportiva As Xubias) e 3º Oskar Niebla (club de piragüismo Narón)
  •      Infantil B K1 Feminino: 1º Antía Martínez (piragüismo Rianxo – Concello de Rianxo), 2º Jara Ramos (Ría de Betanzos) e Carmen Calvo (piragüismo Rianxo – Concello de Rianxo)
  •      Infantil B C1 Masculino: 1º Diego Suárez (Rías Baixas-Boiro), 2º Miguel López e 3º Izan García, ambos do Club Ría de Betanzos
  •      Infantil B C1 Feminino: Marta Becerra, do Ría de Betanzos, foi a única participante nesta categoría 
  •      Alevín A K1 Masculino: 1º Daniel García (Ribeiras do Tambre), 2º Antón Rodríguez (Escola de piragüismo Outes) e 3º Izan Capelo (Ribeiras do Tambre)
  •      Alevín A K1 Feminino: 1º Mirella Regenjo (piragüismo Rianxo – Concello de Rianxo), 2º Leyre Rodríguez (club Cabanas KDM) e 3º Sophie Arnoso (Náutico de Miño).
  •      Alevín B K1 Masculino: 1º Unai Penabad (Grupo Xuvenil As Pontes), 2º Nuno Castro (Ribeiras do Tambre) e 3º Nizan Dopico (club de piragüismo Narón)
  •      Alevín B K1 Feminino: 1º Noa Álvarez (Escola de piragüismo Outes), 2º Laura Durán (Ribeiras do Tambre) e 3º Valeria Miranda (Ría de Betanzos).
  •      Prebenxamín K1 Masculino: 1º Marco Pérez (Ribeiras do Tambre), 2º  Samuel Chouciño (As Xubias) e 3º Brais Dosil (Outes)
  •      Prebenxamín K1 Feminino: 1º Éire Campaña, 2º Daniela Vázquez e 3º Naira Tubío, todas pertencentes ao club Piragüismo Rianxo-Concello de Rianxo
  •      Benxamín A K1 Masculino: 1º Javier Filgueira (Grupo Xuvenil As Pontes), 2º Benigno Rodríguez (Outes) e 3º Antón Álvarez (Piragüismo Narón)
  •      Benxamín A K1 Feminino: 1º Lucía García (Ribeiras do Tambre), 2º Ruth Regueiro (Cabanas KDM) e 3º Amaia González (Náutico de Miño) 
  •      Benxamín B K1 Masculino: 1º Óscar Fernández (piragüismo Rianxo – Concello de Rianxo), 2º Martín Ferro (Grupo Xuvenil As Pontes) e 3º Lucas Becerra (piragüismo Rianxo – Concello de Rianxo) 
  •      Benxamín B K1 Feminino: 1º Vega Rodríguez,  2º Alba Figueiro e 3º Alba Regenjo, todas pertencentes ao club Piragüismo Rianxo-Concello de Rianxo

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "El Ribeiras do Tambre acabó quinto en la Regata de Ames"

Diario de Santiago: "O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”"

AMSGO!: "Ribeiras do Tambre conseguiu oito podios na regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”"

O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”

Multimedia

  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”
  • O club Ribeiras do Tambre acadou oito podios na IV Regata Provincial Ames “Circuíto praia fluvial de Tapia”