- Tematica
O pasado sábado, 25 de xullo, a praia fluvial de Tapia acolleu a quinta edición da Regata Provincial Ames, organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre, a Federación Galega de Piragüismo e o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes. O club obtivo un total de sete podios nesta proba, destacando as vitorias acadadas por Lucía García (Alevín B – K1), Daniel García (Infantil B – K1) e Hugo Leis (Cadete – K1). Na clasificación xeral de clubs, o equipo amesán rematou a regata na terceira posición.
A praia fluvial de Tapia acolleu este pasado sábado, 25 de xullo, unha nova edición da Regata Provincial Ames, un evento que organizan de forma conxunta a Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre, a Federación Galega de Piragüismo e o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes. Este evento deportivo estivo dirixido a todos os clubs da provincia da Coruña que están a competir na modalidade de augas tranquilas.
Durante a regata estivo presente a concelleira de Deportes, Susana Señorís, quen valorou o día como “unha alegría. Vivimos un ambiente festivo e coa área recreativa chea tanto de deportistas como de familiares e afeccionados”. A edil destacou “a posta en valor que facemos aquí en Ames con este e outros deportes”.
En total, déronse cita en Tapia 245 deportistas das categorías base dun total de 11 clubs da provincia. A proba, cun percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, foi a segunda das probas que conforman o V Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia (categorías prebenxamín-cadete) en embarcacións de K1 e C1.
Os resultados foron os seguintes:
• Aloia (Prebenxamín Feminino K1): 5ª
• Arturo (Benxamín A Masculino K1): 6º
• Marco (Benxamín B Masculino K1): 2º
• Mateo (Benxamín B Masculino K1): 3º
• Pablo (Benxamín B Masculino K1): 6º
• Pablo (Benxamín B Masculino K1): 6º
• Raúl (Alevín B Masculino K1): 6º
• Lucía (Alevín B Feminino K1): 1ª
• Livia (Alevín B Feminino K1): 6ª
• Elsa (Alevín B Feminino K1): 8ª
• Martina (Alevín B Feminino K1): 10ª
• Nuno (Alevín A Masculino K1): 2º
• Oliver (Alevín A Masculino K1): 5º
• Laura (Alevín A Feminino K1): 6ª
• Dani (Infantil B Masculino K1): 1º
• Izan (Infantil B Masculino K1: 5º
• Pablo (Infantil B Masculino K1): 13º
• Hugo (Cadete Masculino K1): 1º
• Xián (Cadete Masculino K1): 2º
• Enzo (Cadete Masculino K1): 9º
• Marcos (Cadete Masculino K1): 12º
• Mateo (Cadete Masculino K1): 26º
Ademais dos resultados individuais, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre acadou unha valiosa terceira posición, que mellora o quinto posto conseguido na edición do ano pasado.













