- Tematica
O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro venres, 25 de setembro, a actividade Fotografía. Esta xuntanza consiste nun obradoiro de iniciación fotográfica co teléfono móbil a través de actividades prácticas. A dinámica desenvolverase no Pazo da Peregrina en horario de 19.00 a 21.00 horas. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.
O club xuvenil Distrito 13 17 volve á acción neste mes de setembro coa actividade Fotografía, que se desenvolverá este venres, 25 de setembro, de 19.00 a 21.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Este será un obradoiro que ofrece unha iniciación á fotografía co teléfono mobil a través de actividades prácticas. As persoas participantes aprenderán nocións básicas de composición e encadre, ao tempo que se fomenta a creatividade a reflexión sobre o que vemos e como o representamos.
A sesión estará guiada por unha fotógrafa, que introducirá dunha maneira sinxela diferentes cuestións relacionadas coa fotografía: perspectivas e puntos de vista, tipos de planos, enfoque, encadre, composición, luz e diferentes recursos para conseguir imaxes máis creativas e intencionadas.
A intención non é realizar unha formación excesivamente técnica, senón aprender facendo. Por iso, as explicacións irán acompañadas de pequenas prácticas, retos fotográficos e xogos nos que as persoas participantes terán que experimentar co móbil, moverse polo espazo, buscar diferentes perspectivas e resolver propostas creativas.
Ademais, incorporaranse dinámicas e xogos de grupo relacionados coa fotografía, mantendo a metodoloxía habitual de Distrito 13 17 e buscando que a actividade sexa participativa, divertida e favoreza tamén a interacción entre as persoas participantes. A idea é combinar unha pequena aproximación ás ferramentas básicas da fotografía coa experimentación, o xogo e a creatividade, de maneira que poidan descubrir novas formas de mirar e de utilizar a cámara que levan todos os días no peto.
Inscricións
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través deste formulario dixital ou a través do código QR da cartelería. A data límite para inscribirse será, coma sempre, o xoves previo á actividade. Para calquera dúbida, podes contactar con Anacos Educativos, no email info@anacoseducativos.com ou no teléfono 694 216 484.
Distrito 13 17
O Club Xuvenil de Ames Distrito 13 17,é un espazo pensado para a xente nova de 13 a 17 anos (nados entre 2013 e 2008) con ganas de pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes. Este proxecto de lecer busca dinamizar e promover a participación da xuventude a través dunha batería de actividades lúdicas e formativas de diversa temática.






