[17-08-2011] O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre de Ames conseguiu na XXVI edición do Descenso do Tambre un segundo posto na clasificación xeral por equipos do circuíto da praia fluvial de Tapia. Asemade, obtivo un primeiro e terceiro premio na categoría infantil A féminas K1, con Irene Mirás Vázquez e Andrea Tomé Pérez respectivamente. En alevín A féminas K1, María Catoira obtivo un terceiro premio, o mesmo posto que Martín del Río Viaño en alevín A masculino K1.
O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre do Concello de Ames conseguiu na XXVI edición do Descenso do Tambre celebrado na praia de Tapia, un segundo posto na clasificación xeral por equipos no circuíto da praia fluvial, nunha xornada na que a choiva non impediu que a proba se realizara, cun preto de 250 participantes. A competición estivo organizada polo susodito Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames, e xa é toda unha referencia para o piragüismo galego. O primeiro clasificado correspondeu ao Club de Piragüismo de Catoira, e o terceiro para o Club de Piragüismo de Narón.
Pero o Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre acadou máis premios. Obtivo un primeiro e terceiro posto na categoría infantil A féminas K1, con Irene Mirás Vázquez e Andrea Tomé Pérez respectivamente. En alevín A féminas K1, María Catoira obtivo un terceiro posto, o mesmo posto que Martín del Río Viaño en alevín A Masculino K1.
Foron preto de 250 deportistas e 13 clubs de toda Galicia os encargados de participar. Na baixada desde a ponte de Portomouro ata a Praia Fluvial de Tapia participaron padexeiros das categorías cadete, xuvenil, sénior e veteranos. Dentro destas categorías competiron un total de 65 padexeiros que tiveron que percorre 6 quilómetros de distancia. Tampouco faltou o circuíto da praia fluvial, reservado ás categorías infantil, alevín e benxamín que percorreron 1.500 metros. Nas categorías de nenos/as participaron un total de 170 padexeiros.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, a concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González, e a concelleira de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade, Eugenia Martín, foron os encargados e facer entrega dos trofeos. Para os tres gañadores absolutos do descenso do Tambre (kayak masculino, canoista e kayak feminino) houbo un lote de material deportivo como agasallo. O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado polo concelleiro de Depores, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, e pola concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González, deron mostra do compromiso do Concello de Ames co deporte, neste caso co piragüismo amiense, e participaron nesta proba a bordo de dous kaiac.