- Tematica
O club de patinaxe artística Sarela abre un período para novas inscricións de cara ao curso 2025-2026. As familias con nenos e nenas que teñan de 3 anos en diante poden informarse sen compromiso a través das diferentes canles de comunicación que ten dito club. Actualmente, o CP Sarela conta con máis de 60 patinadoras e patinadores de 3 a 21 anos, repartidos nos grupos de aprendizaxe: iniciación, niveis, amateur, rexional e nacional.
Co inicio do mes de setembro o club de patinaxe artística Sarela abre un prazo de novas inscricións para que todos aqueles rapaces e rapazas que estean interesados poidan iniciarse na práctica desta modalidade deportiva. As familias con nenos e nenas que teñan de 3 anos en diante poden informarse sen compromiso a través das diferentes canles de comunicación que ten dito club.
Pódese enviar un correo electrónico ao enderezo clubdepatinaxesarela@gmail.com, escribir un WhatsApp ao número de teléfono 717714221 ou acceder ás canles de Instagram: @cpsarela, e de Facebook: patinaxesarela.
Máis de 60 patinadoras e patinadores
O club de patinaxe artística Sarela naceu en setembro de 2013 debido ao crecemento deste deporte en Ames. Actualmente conta con máis de 60 patinadoras e patinadores de 3 a 21 anos, repartidos nos grupos de aprendizaxe: iniciación, niveis, amateur, rexional e nacional.
Ademais encárganse da xestión dos grupos de Bertamiráns e Barouta da modalidade de patinaxe das Escolas deportivas municipais, e da impartición de actividades extraescolares de patinaxe nalgún dos colexios de Bertamiráns.
O club conta con adestramento para todos os niveis da modalidade libre individual, tendo adestramentos de iniciación, precompetición, niveis, categoría amateur, categoría rexional e categoría nacional. Os patinadores e patinadoras do CP Sarela adestran no pavillón do CEIP Barouta e no pavillón municipal de Bertamiráns.






