Pestanas principais

O Club de lectura do Milladoiro comeza as súas xuntanzas co libro El viaje a la felicidad, de Punset

Martes, 09 de outubro de 2012

[09-10-2012] O pasado 3 de outubro botou a andar unha nova edición do Club de lectura para adultos que se organiza na biblioteca do Milladoiro. Esta actividade realízase ao abeiro das campañas de animación á lectura que durante todo o ano desenvolven as bibliotecas municipais. Na primeira reunión, á que asistiron 16 persoas, decidiuse que este ano o club de lectura vai comezar a traballar co libro El viaje a la felicidad, de Eduard Punset. Esta actividade desenvolverase dous mércores ao mes, a partir das 21:00 horas, na Biblioteca do Milladoiro. O prazo de inscrición para participar nesta actividade estará aberto durante todo o curso. No caso de que haxa demanda suficiente farase outro grupo en Bertamiráns.

Existe unha enorme variedade de programas e actividades destinados ao fomento da lectura para os nenos e nenas, pero, moitas veces, esquécese que os adultos poden precisar un empurrón para comezar a ler con asiduidade ou retomar un hábito de lectura perdido. Para iso creáronse os clubs de lectura de adultos, que naceron dentro das actividades de animación á lectura que as bibliotecas municipais desenvolven con regularidade ao longo de todo o ano.

O pasado 3 de outubro comezou unha nova edición do Club de lectura do Milladoiro. Na primeira reunión os participantes decidiron que o libro que lerán durante as primeiras semanas do curso será El viaje a la felicidad, de Eduard Punset. Outros libros que se lerán ao longo do curso son La sociedad de los números primos, de Paolo Giordano, e La casa de los espíritus, de Isabel Allende. Este ano como novidade lerase o cómic alternativo Maus. Relato de un superviviente, creado por el historietista estadounidense Spiegelman.

Esta actividade terá unha periodicidade quincenal. Os membros do Club de lectura do Milladoiro xuntaranse cada quince días na Biblioteca do Milladoiro. A próxima xuntanza será o 17 de outubro. Nas xuntanzas establecerase un prazo para ler un certo número de páxinas e despois comentalo, destacar frases curiosas e xerar un debate ao redor de cada libro regulado por un moderador. Está actividade está aberta á participación de todos os adultos que queiran volver coller os libros, O obxectivo desta actividade é familiarizarse coa lectura e intercambiar opinións sobre os libros lidos. Ademais, farase un resumo e unha breve biografía do autor coas principais ideas que se queiran transmitir para contextualizar a obra. Pero este tipo de actividades non só potencian o uso da lectura, senón que van máis aló. Ademais, dentro das actividades de dinamización da lectura realizan saídas literarias. En definitiva, complementan a lectura con outras actividades que fagan máis amena e máis activa a participación no club.

O prazo para apuntarse nesta actividade está aberto durante todo o curso. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 662 371 723 ou enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.org.