[06-06-2012] O campo municipal de Bertamiráns acolleu este luns pola tarde a final de Copa do I Torneo de Veteranos de Fútbol 7, que puña o broche final á competición de veteranos que se desenvolveu ao longo da presente tempada. Este evento estivo organizado polo Bertamiráns FC en colaboración co Concello de Ames. O primeiro Torneo de Veteranos de Fútbol 7 desenvolveuse todos os luns no campo municipal de Bertamiráns. Este torneo estivo dirixido aos pais dos xogadores do Bertamiráns FC, que naceron antes do 31 de decembro de 1977, coa salvidade de que dous xogadores de cada equipo podían ter unha data de nacemento posterior. Os equipos estiveron constituídos por un máximo de 12 xogadores.

O Campo Municipal de Bertamiráns acolleu este pasado luns a final de Copa do I Torneo de Veteranos de Fútbol 7, que puxo o punto e final á competición que se desenvolveu durante todos os luns da presente tempada. Esta iniciativa contou con dúas fases, unha de Liga desenvolvida a través dunha liga a dobre volta, e outra competición de Copa de Veteranos. O campión de Liga foi o Don Budi CF, mentres que na segunda posición quedou o Bar Pedregal. Na competición de Liga o mellor xogador foi Anxo Martínez, mentres que o premio de mellor porteiro recaeu en Andrés Villanueva. Como máximo goleador quedou Anxo Martínez.
Ademais da Liga disputouse a Copa de Veteranos. A competición organizouse a través de dous grupos de catro equipos cada un. Primeiro disputouse un liga de tres partidos para ditaminar os dous primeiros de cada grupo. A continuación, os dous mellores equipos de cada grupo disputaron as semifinais a dobre partido. Para chegar a esta final o conxunto do All Bois ganoulle ao Pedra Salgada-Centro Lexis cun 3-2 na ida e 4-4 á volta, e disputou a final contra o Don Budi CF, que se impuxo ao Bar Pedregal por un 4-3 e 3-2. Os dous equipos atoparanse de novo na final, xa que ambos estiveron encadrados no mesmo grupo.

Final da Copa de Veteranos
Empezou o partido cos dous equipos igualados e con ocasións nas dúas portarías, pero aos 15 minutos xa ía gañando o Don Budi 2-0 xa que tivo maior efectividade que o seu rival. Tralo descanso,os xogadores do All Boys foron a polo empate e conseguiron pórse 2-1 ao empezar a segunda parte, nunha xogada embarullada. Pouco despois puideron acadar un empate pero fallaron un penalti. A sorte non acompañou ao All Boys xa que na seguinte xogada, un tiro afastado do Don Budi pegou nun defensa e ao cambiar a dirección da pelota despistou ao porteiro e acabou converténdose no 3-1. A partir de ese momento os All Boys foise máis arriba, tendo ocasións para reducir a distancia no marcador, pero fallaron unha tras outra, e aínda por riba os paus tampouco colaboraron. Ao final o partido rematou co resultado de 3-1.
Tras a final, procedeuse á cerimonia de entrega de premios do torneo, onde estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, o concelleiro de Acción Parroquial, Emilio Martínez, o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, e o directivo do Bertamiráns FC, Miguel Raposo.





