Pestanas principais

O club de atletismo Millaraio gaña dez medallas no campionato galego de atletismo en pista cuberta

Luns, 09 de xuño de 2014

[09-06-2014] O sábado pasado, 7 de xuño, disputouse en Vigo o campionato galego de atletismo en pista cuberta, para as categorías de base: benxamín, alevín e infantil. O club de atletismo Millaraio saldou a súa participación neste campionato coa consecución de 10 medallas e un novo récord galego. O club amiense participou neste evento deportivo cun total de 23 atletas.

O club de atletismo Millaraio rematou a súa participación no campionato galego de atletismo en pista cuberta coa consecución de 10 medallas e un novo récord galego. Diego Alonso proclamouse campión galego nos 1.000 metros obstáculos infantil, título que tamén logrou Daniel Mato nos 2.000 metros lisos alevín, proba na que ademais conseguiu un novo récord galego da especialidade.

O club do Millaraio conseguiu tamén 4 medallas de prata ganadas por Antón Gómez na modalidade de lonxitude alevín; Pablo Fernández na xavelina infantil, e Carlos Divos que fixo dobrete nos 80 metros lisos e nos 80 metros vallas infantil.

Finalmente, cómpre destacar os 4 bronces conseguidos por Degnesh María Mato nos 1.000 metros lisos alevín; Pablo Díaz tamén nos 1.000 metros lisos; Víctor Mosteiro nos 80 metros lisos infantil; podio que compartiu co seu compañeiro Carlos Deus, e Andrea Botella na xavelina infantil.