Pestanas principais

O club de atletismo MillaRaio consegue a medalla de bronce no campionato galego de probas combinadas en pista cuberta

Xoves, 01 de febreiro de 2018

[01-02-2018] O club de atletismo MillaRaio continúa conseguindo éxitos. Nesta ocasión, este club amesán vén de participar no campionato galego de probas combinadas en pista cuberta disputado en Lugo a pasada fin de semana. En dito campionato, Luís García conseguiu a medalla de bronce, na categoría cadete. En este mesmo campionato hai que destacar tamén a participación de catro atletas do equipo cadete feminino.

O Club de atletismo MillaRaio tivo unha intensa fin semana de competicións. Destaca a medalla de bronce conseguida por Luís García no campionato galego de probas combinadas en pista cuberta celebrado en Lugo na categoría cadete. En este mesmo campionato tamén cómpre destacar a participación de catro atletas do equipo cadete feminino.

Por outra banda, o pasado sábado pola mañá, tamén en Lugo, máis de 30 atletas participaron no control de marcas de Copa Deputación. Para pechar o fin de semana, o Club de atletismo MillaRaio participou no campionato galego por equipos de cros curto en categoría cadete. O equipo masculino quedou ás portas do podio cunha meritoria cuarta posición por equipos.