O club de atletismo Millaraio participou esta fin de semana con 27 rapaces e rapazas no Campionato de Galicia sub16 e sub18, de pista ao aire libre, nas pistas de atletismo de Balaídos. No campionato da categoría sub16 participaron 17 atletas, mentres que na categoría sub18 participaron 10 mozos e mozas, que obtiveron un total de catro medallas de ouro, catro pratas e catro bronces.
Dezasete atletas do club de atletismo Millaraio da categoría sub16 e dez da categoría sub18 participaron no XVIII Campionato de Galicia sub16 e LXVII sub18 de pista ao aire libre celebrado o sábado 25 de maio nas pistas de atletismo de Balaídos. Os/as atletas do Millaraio obtiveron un total de catro medallas de ouro, catro pratas e catro bronces.
O club de atletismo Millaraio conseguiu catro medallas de ouro. Mateo Aller conseguiu a medalla de ouro na proba en 100 metros valos (conseguindo a mínima para o Campionato de España) e na proba de 300 metros valos. Ademais, Deki Mato logrou a medalla de ouro en 1.000 metros e Sofía Campos na proba de 3.000 metros marcha.
O club amesán conseguiu tamén catro medallas de prata. Diego Seoane gañou a medalla de prata na proba de 300 metros valos (sendo cuarto nos 100 metros valos); Daniel Mato gañou a medalla de prata en lanzamento de xavelina sub18 (sendo cuarto en lonxitude); Ángel Álvarez obtivo a prata en 2.000 metros obstáculos; e o equipo de 4x100 sub16 masculino tamén gañou a medalla de parta (Matías Barca, Daniel Cariñena, Mateo Aller e Diego Seoane).
As medallas de bronce conseguidas polo Millraio tamén foron catro. Daniel Cariñena en lanzamento de disco sub16 (participando tamén nos 100 metros); Sara Castelo en disco sub16; Salomé Segade en 3.000 metros marcha; e Iago Cid en salto con pértega (participando tamén no lanzamento de xavelina).
Participantes nas categoría sub16 e sub18
Os restantes participantes da categoría sub16 foron: Uxía Fernández (100m valos, onde foi cuarta, e salto de lonxitude), Matías Barca (100m e 300m), Mario Vilar (lanzamento de peso e disco), David García (salto de altura e tripla), Elsa Guillamet (salto de altura e peso), Zulfa Muíño (lanzamento de xavelina e martelo), Valeria Batire Guridi (3000m) e Ángela Eiras (tripla). O equipo de 4x100 feminino estivo formado por Ahinara Troiteiro, Uxía Fernández, Ángela Eiras e Elsa Guillamet.
No Campionato sub18 participaron Daniel Mato, Ángel Álvarez, Antón Nogueira (disco, onde rematou cuarto, e xavelina), Laura Barbazán (martelo, finalizando en cuarta posición, e 100m valos), Manuel Labella (cuarto en 5000m marcha), Antón Gómez (100m e 200m), Daniel Souto (110m valos e salto de lonxitude), Luis García (110m valos), e os equipos de 4x100 masculino: Daniel Mato, Antón Gómez, Luis García e Daniel Souto, e 4x100 feminino: María Pena (do filial Atlética A Silva), Sabela Ferrás, Laura Barbazán e Uxía Rey.













