- Tematica
O club Atletismo MillaRaio convoca a IV edición das súas xornadas de portas abertas para o vindeiro mes de setembro, dirixidas para a rapazada nada en 2019 ou anos anteriores. As xornadas de portas abertas celebraranse os días 10, 11, 15, 17 e 18 de setembro nas pistas da USC, en horario de tarde, e os sábados 12 e 20, en horario de mañá, no campo de lanzamentos de Biduído (Ventín).
O club Atletismo MillaRaio convoca as súas xornadas de portas abertas durante o mes de setembro, e que terán lugar os días 10, 11, 15, 17 e 18, en horario de tarde nas pistas da USC, e os sábados 12 e 20, en horario de mañá, no campo de lanzamentos de Biduído (Ventín). Deste xeito, os nenos e nenas poderán achegarse e descubrir diferentes disciplinas de atletismo dun xeito lúdico.
Os horarios da actividade están distribuídos en función dos grupos de idade, polo que os cativos/as nados entre o 2015 e 2019 poderán asistir de 17.50 a 18.40 horas os días 10, 15 e 17 e nas xornadas da fin de semana de 12.15 a 13.30 horas.
A rapazada do 2013 e 2014, poderá asistir o día 15 de 17.50 a 18.50 horas; os días 11 e 18 de 17.45 a 18.45 horas; e os sábados 13 e 20 de 10.45 a 12.15 horas. O derradeiro grupo, dos rapaces e rapazas nados entre o 2007 e o 2012, poderán adestrar os días 10 e 17 de 18.30 a 20.00 horas; o día 15 de 18.30 a 20.00 horas; e na fin de semana, o 13 e 20, de 9.30 a 11.00 horas.
Para atopar máis información e realizar a inscrición pódese acceder á web do club Atletismo MillaRaio premendo nesta ligazón ou escribir ao seu enderezo electrónico, millaraio@gmail.com.
XI Campus De Atletismo MillaRaio
Por outra banda, o club amesán organiza a segunda quenda do seu campus de verán. O campamento, orientado tanto a atletas do club como a novas incorporacións, ten como obxectivo facilitar a conciliación durante as épocas non lectivas e, para os mozos e mozas do club, dar continuidade aos adestramentos, mentres que para a rapazada de fóra, é unha opción para probar o mundo do atletismo. Adestraranse as distintas modalidades do deporte: velocidade, saltos, lanzamentos, marcha, fondo...
Tras o desenvolvemento da primeira quenda do seu campus de verán no mes de xuño, o campus retomarase de novo, do 1 ao 5 setembro, na área deportiva do Milladoiro. A recepción realizarase entre as 8.30 e 9.00 horas, e as actividades terán lugar de 9:00 a 14:00 horas. Os rapaces e rapazas poderán ser recollidos entre as 14:00 e as 14:30 horas. O campus está dirixido para os nenos e nenas nados entre o 2012 e 2018, ámbolos dous incluídos.
Para atopar máis información e realizar a inscrición pódese acceder á web de Millaraio premendo nesta ligazón ou escribir ao seu enderezo electrónico, millaraio@gmail.com. A data límite para realizar a inscrición no campus é o vindeiro 24 de agosto.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "O club Atletismo MillaRaio organiza as súas xornadas de portas abertas neste mes de setembro"






