Pestanas principais

O club Ames Atletismo organiza unhas xornadas de portas abertas no mes de setembro

Sábado, 04 de setembro de 2021

Durante este mes de setembro o club Ames Atletismo está organizando unhas xornadas de portas abertas os luns, mércores e venres, ás 18:00 horas, nas instalacións de Biduído (detrás do colexio de Ventín). Poderán asistir mozos e mozas nados dende o 2016 en adiante. O club aceptará persoas de tódalas categorías, dende prebenxamín ata veterán/máster. Para máis información, enviar un email a amesatletismo@gmail.com

Un ano máis, o club Ames Atletismo invita a toda a rapazada do concello a participar nas xornadas de portas abertas para probar e coñecer este deporte sen ningún compromiso. Trátase dun club que nace co propósito de ensinar tódalas disciplinas do atletismo dun modo divertido e formando en valores coma o esforzo, a constancia e o compañeirismo, tan presentes neste gran deporte.

As categorías están abertas dende o 2014 tendo como obxectivo que os/as nenos/as descubran e adestren dende salto de lonxitude, a lanzamento de martelo, pasando polas carreiras de fondo, a xavelina, o salto de altura, etc. En definitiva, que proben todo tipo de probas dentro do atletismo.

Para máis información pódese contactar co club escribindo un correo electrónico ao enderezo amesatletismo@gmail.com.

Club Ames Atletismo

Multimedia

  •  Club Ames Atletismo