- Tematica
Logo da primeira quenda celebrada no mes de xuño, o club Ames Atletismo volve impartir o seu campamento deportivo, do 31 de agosto ao 8 de setembro, no Centro de lanzamentos de Ames, en Biduído. De novo, contará coa colaboración do Concello de Ames na cesión de instalacións deportivas e na promoción da programación deportiva. Ademais, o club tamén oferta o mes de portas abertas para que os nenos e nenas poidan coñecer o deporte. Premendo nesta ligazón poderás acceder a toda a información.
O campus do club Ames Atletismo está orientado aos nenos e nenas nados entre o 2022 e o 2012, sexan ou non do club. Este campamento deportivo serve como iniciación e toma de contacto con este deporte para todos os cativos e cativas que desexen entrar no mundo do atletismo. No caso dos atletas do club, será unha forma lúdica e diferente de rematar e comezar a tempada realizando as diversas disciplinas do atletismo dunha forma máis divertida e relaxada.
Velocidade, saltos, lanzamentos, marcha ou fondo son algunhas das disciplinas coas que se van atopar os pequenos atletas no Centro de lanzamentos de Ames, en Biduído. Ademais, tamén haberá visitar ás piscinas municipais do Milladoiro. O campus dará comezo o vindeiro luns, 31 de agosto, e rematará o martes, 8 de setembro, cun horario de 8.30 a 14.30 horas .
Portas abertas
Ademais do campus, setembro tamén será o mes de portas abertas no Ames Atletismo. Deste xeito, a entidade abre a tempada 2027/2027 achegando o atletismo a todos os nenos e nenas nadas a partir do 2022. Nestas xornadas, as persoas interesadas poderán achegarse a probar as actividades que se imparten no club e descubrir este deporte adestrando dunha maneira divertida.
Os nenos e nenas que queiran achegarse a probar poderán facelo no Centro de lanzamentos de Ames, na parte traseira do colexio de Ventín, de luns a venres a partir das 18.00 horas.







