Pestanas principais

O CITOP chega a Ames na súa labor divulgativa da enxeñaría civil e da oportunidade que supoñen os fondos europeos

Sábado, 14 de maio de 2022

O acto está enmarcado dentro da campaña de comunicación do colexio denominada “Achegar aos concellos, as empresas e aos emprendedores os fondos de recuperación económica, poñendo en valor o rol da enxeñaría civil”. No acto participarán alcaldes e empresarios da comarca entee os que estarán o alcalde de Ames, Blas García, a directora da Escola ETSCCP da Coruña, o secretario e a vogal pola provincia da Coruña do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, o director executivo de Red Mundo Atlántico e un experto de sustentabilidade de Comparte Marketing Social. O evento forma parte de 6 encontros por diferentes concellos da provincia da Coruña nos que se pretende chegar aos 93 concellos como a diferentes asociacións empresariais.

Continuando coa campaña do papel da Enxeñería Civil na recuperación económica da provincia realizada no 2021 o CITOP segue a facer chegar información aos concellos, neste caso limítrofes con Ames, a asociacións empresariais e outros colectivos. Na campaña desenvolta no ano 2021  púxose en valor a labor da Enxeñaría Civil e a importancia do CITOP (Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras públicas) na defensa dos intereses das persoas colexiadas.

Nesta campaña divulgativa do presente ano, preténdese acercar as competencias que poden achegar estes profesionais multidisciplinares aos concellos, ás empresas e o valor que teñen de cara á transformación da sociedade.

Na primeira parte do evento, levarase a cabo unha divulgación da labor esencial da enxeñaría civil e o que supón o CITOP como estrutura dos profesionais, velando en todo momento do coñecemento da profesión e a defensa do conxunto dos seus colexiados.

No segundo bloque achegarse información sobre os fondos de recuperación económica, en concreto, da gran oportunidade que son os Next Generation EU. Ofreceranse ferramentas tanto para a administración municipal como para as empresas para acceder a este tipo de fondos.

O Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas mostra o seu agradecemento ao Concello de Ames por colaborar nesta campaña. Ademais, poderase visitar no Pazo da Peregrina a exposición “Innovación e emprendemento; o papel da enxeñaría civil na recuperación económica da provincia” .

Cartel da xornada informativa

Multimedia

  • Cartel da xornada informativa