[07-04-2014] O Centro Deportivo A Telleira organizou unha actividade de senderismo pola Ruta da Auga para este sábado 12 de abril. A través desta iniciativa preténdese promover actividades físicas diferentes ás ofertadas nas instalacións do Centro Deportivo A Telleira e orientadas á familia. Ao mesmo tempo dáse a coñecer entre a veciñanza amiense a ruta de Riamontes, que alberga unha extraordinaria riqueza ambiental e cultural. Esta actividade está aberta a todos os públicos. Ofértanse un máximo de 40 prazas. As inscricións poderanse realizar ata o xoves, 10 de abril, na recepción do Centro Deportivo A Telleira. Para poder participar nesta ruta, que ten un percorrido de 7,5 quilómetros, hai que ter polo menos 8 anos. A saída realizarase ás 9:30 horas.
A ruta de Riamontes alberga unha extraordinaria riqueza ambiental e cultural. A enorme variedade de especies vexetais e animais que atopamos nas pequenas fragas do regato de Riamontes fálanos dun espazo equilibrado e diverso onde os saltos e as pequenas fervenzas salpican a contorna con pingas de auga cristalina. A ruta é circular e comeza e remata na aldea de Vilar, na parroquia de Ames. Neste lugar están instalados diversos paneis interpretativos que lle axudarán ao/a camiñante a guiarse e descubrir os tesouros que se agochan neste espazo.
Aproveitando a beleza deste lugar, o Cetro Deportivo A Telleira organizou para este sábado, 12 de abril, un andaina de senderismo pola ruta da auga. Os participantes percorrerán uns 7,5 quilómetros en tres horas aproximadamente. Ofértanse un máximo de 40 prazas. As inscricións poderanse realizar ata o xoves, 10 de abril, na recepción do Centro Deportivo A Telleira. Para poder participar nesta ruta hai que ter polo menos 8 anos. É preciso xuntar polo menos un grupo de 25 persoas, para que esta actividade se desenvolva.
A ruta de senderismo ten un prezo de 5 euros para os abonados, mentres que os abonados de menos de 18 anos e os familiares de abonados terán que pagar 3 euros. Os cursillistas e as persoas invitadas por abonados terán que pagar 7 euros. O resto de perosas que desexen participar nesta actividade deberán pagar 10 euros. O prezo inclúe o correspondente seguro de accidentes exteriores, unha persoa que exercerá de guia e que coñece a ruta con experiencia no terreo, a degustación de callos e unha consumición no Restaurante A Casiña da Avoa.
Descripción da ruta
O primeiro tramo do percorrido transcorre por un vello camiño entre prados e árbores froiteiras no que se pode contemplar unha paisaxe tipicamente rural. Posteriormente, os camiñantes entrarán nun fermoso tramo que discorre á carón do rego de Riamontes e que alberga, ademais dunha multitude de especies, un total de 11 muíños encadeados.
Os muíños de Riamontes, en diferente estado de conservación, gardan entre os seus muros unha infinidade de historias das muiñadas de outrora. Continuando o ascenso, pasarase pola poza onde se encoraba a auga durante o verán para o funcionamento dos muíños. Hoxe nesta poza pódese observar unha gran cantidade de anfibios e moitas pegadas de animais que se achegan ata ela para beber.
Seguindo a camiñada, a ruta chega ata o alto de San Marcos, a 260 metros sobre o nivel del mar. Desde alí pódese contemplar unha espléndida visita do val da Maía, o val formado polo río Sar. Alí no alto atópanse tamén os restos da ermida de san Marcos. Os sinais indicativos axudaranlle aos camiñantes a emprender o descenso por un carreiro entre matogueiras e plantacións forestais que os levará de volta a Vilar.




