[04-09-2014] A empresa Serviocio, Cultura, Deporte y Recreación SL, concesionaria do servizo de xestión do Centro deportivo A Telleira, informa sobre a programación deportiva que ofrece para o curso 2014-2015. Desde o Centro Deportivo A Telleira, ofértanse unha gran variedade de actividades, desde as que teñen que ver coas escolas de natación ata as actividades dirixidas. Dentro da escola de natación, divídese en dous grupos: escola de natación infantil e adultos.
Información sobre os prezos
O prezo para acceder ao Centro Deportivo A Telleira son 25,77 euros para abonados individuais maiores de 18 anos; 19,25 euros para desempregados, menores de 18 e maiores de 65 e para outros colectivos (consultar co centro) e 32,05 euros para abonados familiares (incluíndo fillos ata 18 anos).
Para ampliar información poden dirixirse á recepción do centro en horario de luns a venres, de 7.30h a 23.00h; sábados de 9.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h; e domingos de 9.00h a 14.00 horas. Tamén se pode chamar ao número de teléfono 981 89 10 81; consultar a páxina web www.serviocio.es ou entrar no perfil de Facebook Centro Deportivo A Telleira.
Outras actividades
Saíndo da oferta de piscina, a instalación ofrece aos seus abonados unha gran variedade de actividades dirixidas gratuítas. Actividades de 45 minutos, ofertadas de luns a sábado, en horario de mañá e tarde, a partir de 14 anos, guiadas polos nosos técnicos e especialistas nas diferentes disciplinas. Dentro destas actividades atópanse actividades coreografiadas orientadas tanto á perdida de peso como á tonificación muscular por exemplo: aerobic, step, body combat, zumba, body pum, ciclo salga, SH´BAM, tonificación e GAP entre outras, así como outras máis especificas como pilates ou ritmos latinos.
Para menores de 14 anos, o centro A Telleira oferta, a parte da escola de natación, actividade de capoeira (arte marcial afro-brasileiro) e un grupo novo no cal realizan diferentes actividades en función da súa programación (piscina, socorrismo, ciclo salga adaptado, iniciación á sala fitness, etc.).
A demais destas actividades o Centro Deportivo A Telleira conta cunha sala fitness de máis de 250 metros cadrados, equipada con equipamento cardiovascular, equipamento fitness e de peso libre, e unha zona de traballo funcional de 30 metros cadrados. Toda ela supervisada polos nosos técnicos de sala, os cales guían e supervisan os adestramentos de todos os usuarios/as.
Dentro da escola de natación infantil ofértanse máis de 850 prazas, a partir de 12 meses de idade cos grupos de Aquababies; estes grupos impártense en cursos de 30 minutos e trátase de que o neno/a comparta as primeiras vivencias dentro do medio acuático xunto aos seus pais e coa supervisión dos nosos técnicos. A partir de de 3 anos, empezan na escola infantil (Aquamini e Aquamaxi) xa pasan a clases de 45 minutos e van avanzando de nivel en función dunha consecución de obxectivo marcados e desenvolvidos no proxecto técnico de piscina Serviocio. A escola infantil desenvólvese en horarios de luns a venres, de 16.30h a 19.30h; sábados mañá e tarde; domingos mañá.
Para a escola de adultos, ofértanse máis de 350 prazas en grupos repartidos en horarios de mañá e tarde, de luns a sábado. Dentro desta escola, hai varios niveis; para o que quere aprender a nadar (control do medio), para o que quere mellorar a súa técnica (dominio do medio), o que quere facer unha natación máis fitness (AquaFit), os grupos orientados ao perfil saúde/recuperación de lesións (saúde e benestar) e outro grupo para persoas maiores. Para inscribirse a calquera destes grupos de piscina é imprescindible realizar unha proba de nivel, que se pode realizar a calquera hora e de maneira gratuíta.




