[21-03-2014] A empresa Serviocio, Cultura, Deporte y Recreación SL, concesionaria do servizo de xestión do Centro deportivo A Telleira, informa que recentemente ampliou o horario de actividades que desenvolve durante as fins de semana. Ademais, incorporou o Ciclo Sala (spining) á programación de actividades exclusivas e gratuitas dirixidas aos abonados deste centro deportivo.
Coa intención de mellorar e ampliar a oferta de actividades que desde o Centro deportivo A Telleira se ofertan, de maneira gratuíta, para os abonados e abonadas deste centro, dende este mes de marzo ampliaron a oferta con novas actividades que se impartirán durante as fins de semana.
Os venres, ás 18.00 horas, impartirase unha actividade mixta de Body Pum e Body Combat. Deste xeito, un venres os usuarios/as poderán traballar a resistencia de todos os grupos musculares ao ritmo da música e con exercicios variados, e ao seguinte venres, poderan pór a proba a súa resistencia aeróbica, con coreografías que mesturan movementos de diferentes tipos de deportes de combate e artes marciais (boxeo, kapoeira, karate, full contact, etc.).
Por outra banda, os sábados, a partir das 11.00 horas, todos os interesados/as poderán divertirse e suar ao ritmo de ZUMBA. Ademais, a actividade de Ciclo Sala (spining), ábrese día a día para que poidas ocupar as prazas libres en cada sesión, gozando de boa música mentres realizas unha actividade moi apta para a perdida de peso, porse en forma ou simplemente completar o adestramento.
Para máis información podes acudir á recepción do centro de 7.30 a 23.00 horas, de luns a venres; de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 os sábados, ou de 9.00 a 14.00 os domingos e festivos. Tamén podes consultar máis información e outras actividades en www.serviocio.es.




