[05-07-2016] Este verán o centro deportivo municipal A Telleira pon en marcha unha nova campaña para animar á veciñanza a practicar máis deporte nos meses estivais. A matrícula reducirase a un prezo de 9,99 euros se as persoas que se inscriben abonan nun único pago os meses de xuño e xullo. Trátase dunha campaña de captación para que os veciños e visitantes do concello de Ames sigan gozando da actividade física.
O verán non é so tempo de ocio e lecer senón tamén de deporte. Así, o centro deportivo municipal A Telleira inicia unha campaña de captación para que os veciños e visitantes do concello de Ames sigan gozando da actividade física. Para iso reducen o prezo da matrícula a 9,99 euros, se abonan á vez os meses de xullo e agosto. Con iso, os novos usuarios e usuarias poderán participar nas máis de 30 actividades dirixidas á semana que ofrece a instalación ou facer uso da súa renovada sala fitness. Para os que prefiran a piscina, A Telleira ten espazo para poder nadar libremente en calquera momento.
Ademais, o centro deportivo municipal A Telleira organiza un campamento de verán para nenas e nenos a partir dos catro anos. Por outra banda na piscina realízanse cursos de natación intensivos, tanto para nenas e nenos como para persoas adultas. Para obter máis información sobre a oferta do centro e os prezos pódese chamar ao teléfono 981891081 ou enviar un correo electrónico ao enderezo ames@serviocio.es.
O horario de verán da Telleira é, de luns a venres, de 09:30 a 14:00 e de 17:00 a 23:00 horas. Os sábados o centro abre de 9:30 a 13:30 horas e os domingos e festivos de 10:00 a 13:00 horas. As instalacións do centro inclúen unha piscina cuberta, na que sempre se reserva espazo para a xente que queira nada libremente, unha sala de máquinas, unha sala de ciclo, outra empregada para distintas actividades dirixidas e saunas. Algunhas das ofertadas son pilates, body combat, body pump, zumba ou bailes latinos. Dependendo da actividade haberá que aboar un prezo extra.
Contido relacionado
El Correo Gallego:"El centro A Telleira organiza un campamento infantil para este verano"
La Voz de Galicia: "A Telleira rebaja el precio de la matrícula durante el verano"




