Pestanas principais

O Centro deportivo municipal A Telleira anima a practicar deporte en familia neste 2019

Xoves, 17 de xaneiro de 2019

[17-01-2019] O Centro deportivo municipal A Telleira, xestionado por BeOne, pon en marcha unha nova campaña para animar á veciñanza a practicar máis deporte en familia neste 2019. Durante todo o mes de xaneiro, para facilitar a inscrición ás usuarias e usuarios, BeOne ofrece unha proba gratuíta e, en caso de inscrición, a matrícula sen custo en todos os seus abonos, ademais dunha garantía de devolución do primeiro mes en caso de que o/a usuaria/o non se sinta satisfeito. Trátase dunha campaña de captación para que as veciñas e veciños do concello de Ames sigan gozando da actividade física rodeados da súa familia.

O Centro deportivo municipal de A Telleira, situado en Bertamiráns, propón unha serie de ofertas que pretenden animar a que todas as veciñas e veciños fagan exercicio en familia e se activen neste comezo de ano. O complexo convida aos pais e ás nais a probar as súas instalacións e gozar do deporte na piscina deportiva, na sala fitness, sala de ciclo indoor ou na salas de actividades, mentres as cativas/os practican nas escolas infantís de natación, onde os nenos poderán aprender e perfeccionar a súa técnica na auga, ou nas múltiples actividades destinadas ás crianzas. Así, BeOne volve apostar polo público familiar, co obxectivo de conciliar o deporte e a familia.

A instalación, situada en Bertamiráns, conta con unha ampla grella de actividades infantís para conciliar o horario das persoas adultas que queiran practicar o deporte que máis lles gusta mentres as súas fillas e fillos se divirten. Asemade, o centro deportivo conta cun renovado ximnasio, unha zona de xogo infantil e novos espazos para actividades dirixidas como Zumba, Ioga ou Body Pump.

Para obter máis información sobre a oferta do centro e os prezos pódese chamar ao teléfono 981 891 081 ou enviar un correo electrónico ao enderezo atelleira@beone.es. O horario de inverno da Telleira é, de luns a venres, de 07:30 a 23:00 horas. Os sábados o centro abre de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os domingos e festivos o horario de apertura vai de 09:00 a 14:00 horas. Ademais, aqueles que visiten a web www.beone.es/ahora/ames poden entrar no sorteo dun ano de ximnasio gratis e un premio que inclúe un reloxo GPS, unhas zapatillas deportivas e unha bolsa de adestramento. A Telleira, durante este mes de xaneiro ofrece unha proba gratuíta e, para aqueles que se inscriban, a matrícula sen custo en todos os seus abonos. Ademais contan con garantía de devolución, por se o usuario non se sente satisfeito co servizo.