Pestanas principais

O centro coworking A Proa organiza un encontro de networking no que se reunirán profesionais do mundo dixital e tecnolóxico

Luns, 28 de novembro de 2022

O espazo coworking A Proa organiza esta semana unha nova actividade. Este xoves 1 de decembro terá lugar un encontro de networking no que se reunirán profesionais do mundo dixital e tecnolóxico. En dito encontro reuniranse desarrolladores, deseñadores, marketers dixitais, editores e programadores. Todos eles/elas compartirán coñecemento e experiencia sobre o sector. Este evento tamén servirá para coñecer a outros profesionais na zona. A inscrición para participar neste encontro dixital é de balde e pódese facer premendo nesta ligazón. O evento está organizado por Luján Kubrusli e Isabel Viñas.

Este xoves, 1 de decembro, celebrarase o I Encontro dixital 2022, unha actividade dirixida a profesionais do mundo dixital e tecnolóxico que servirá para que deseñadores, marketers dixitais, editores e programadores se unan para compartir coñecemento e experiencia sobre o sector, e tamén para coñecer a outros profesionais da zona. Celebrarase ás 18:00 horas no espazo coworking e está organizado por Luján Kubrusli e Isabel Viñas, deseñadora web en Impulsa Dixital. A inscrición para participar neste encontro dixital é de balde e pódese facer premendo nesta ligazón.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “se trata do primeiro Encontro dixital organizado polo espazo A Proa en Ames para profesionais do sector. Este encontro súmase a outras actividades que se veñen organizando dende o pasado 5 de outubro que comezou un novo ciclo de obradoiros que se imparten no centro de coworking A Proa”.

A Proa, un espazo colaborativo no Milladoiro
A Proa é un espazo de traballo colaborativo que ten como obxectivo ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego. A instalación está pensada para que persoas autónomas e emprendedoras compartan espazos, fomentando a economía social e colaborativa e o espírito de comunidade.

O local está localizado na entrada do parque empresarial do Milladoiro (Rúa das Hedras, 2), e conta con 400 metros cadrados, tres salas de xuntas, aulas de formación e eventos, unha zona de recepción, outra de reprografía, de descanso, aseos e un vestíbulo. O espazo pertence á Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña. Para obter máis información pódese consultar a súa páxina web.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "A Proa acollerá un encontro de networking este xoves"

O evento celebrarase este xoves, 1 de decembro

Multimedia

  • O centro coworking A Proa organiza un encontro de networking no que se reunirán profesionais do mundo dixital e tecnolóxico