Pestanas principais

O centro comarcal de Manos Unidas en Ortoño organiza un concerto en Bertamiráns para recadar fondos destinados a un proxecto que está desenvolvendo en Guatemala

Xoves, 09 de marzo de 2017

[09-03-2017] O Concello de Ames colabora co centro comarcal de Manos Unidas en Ortoño na promoción e organización do concerto, que vai se vai a celebrar este domingo 12 de marzo, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste evento participará o grupo Pasional Tango co espectáculo “Outro tango e outros temas...” no que participarán Jorge Foscaldo, Héctor Rial, Sofía Rial, Jorge e Cruz. Como artistas invitados participarán Sheila Patricia e Pedro e Marina. Ademais, as nenas e nenos do club deportivo de baile Danzaya bailarán algúns dos temas de pasional Tango. O prezo da entrada é de 5 euros e pódese adquirir de forma anticipa na librería Boas e Novas e na parroquia de Ortoño.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este domingo, ás 19:00 horas, un concerto en beneficio do centro comarcal de Manos Unidos en Ortoño dentro da campaña que puxeron en marcha no pasado mes de febreiro co obxectivo de recadar fondos para a campaña contra a fame. A entrada para este espectáculo musical ten un custo de 5 euros e pódese adquirir de forma anticipa na librería Boas e Novas e na parroquia de Ortoño.

O grupo Pasional Tango porá en escena o seu espectáculo Outro tango e outros temas... no que participan o artista Jorge Foscaldo ao piano, os vocalistas Héctor Rial e Sofía Rial, e os bailaríns Jorge e Cruz. Ademais, contarase cunha parella de bailaríns invitados de Vigo (Pedro e Marina), así como unha artista viguesas, Sheila Patricia, que tamén é unha apaixonada da música arxentina. Nesta concerto haberá tango pero tamén haberá música melódica, así como baladas en inglés e en galego. Ademais, as nenas e nenos do club deportivo de baile Danzaya bailarán algúns dos temas de pasional Tango.

Trátase dun espectáculo auspiciado pola embaixada da república de Arxentina en España. Dende o centro comarcal de Ortoño de Manos Unidos están traballando nun proxecto en Guatemala para mellora a saúde básica da poboación deste país que sofre unha desnutrición crónica e unha a pobreza extrema. Deste xeito, os fondos recadados serán destinados integramente a Manos Unidas para a promoción da soberanía alimentaria e a defensa do territorio indíxena de once comunidades campesiñas no territorio do municipio de San Ildefonso que está situado no noroeste de Guatemala.

As persoas que desexen colaborar con esta iniciativa e non poidan asistir a este concerto, poden facer unha achega económica a través dunha fila 0. Para elo teñen que poñerse en contacto co centro comarcal de Manos Unidos en Ortoño.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Concierto en beneficio del centro comarcal de Manos Unidas"