Pestanas principais

O CD A Telleira propón un empurrón aos propósitos de Aninovo con ofertas e clases de proba

Xoves, 14 de xaneiro de 2016

[14-01-2016] Nunha campaña que apela aos propósitos de Aninovo, baixo o nome "Mañana empezamos", o Centro Deportivo A Telleira convida aos veciños de Ames a probar, de forma gratuíta e durante un día, algunha das actividades especiais organizadas para este mes de xaneiro. Trátanse de cursos de iniciación pensados para aquelas persoas que queiran retomar o deporte ou que desexen comezar a practicalo, pero se sintan indecisas respecto a que disciplina lles atrae máis. Estas clases súmanse á oferta habitual do centro deportivo, un abano de case vinte actividades habituais pensadas para públicos con distintas necesidades: para os máis pequenos, para lograr un bo acondicionamento físico, exercicios orientados á perda de peso, de traballo máis intenso ou empregando bicicletas estáticas. Máis de oitenta horas de clases dirixidas ao longo da semana.

A información respecto aos horarios das clases de iniciación pódense atopar na páxina web que o centro puxo en marcha: mañanaempezamos.com, dende a cal se poden descargar tamén as invitacións para asistir ás clases gratuitamente. Na mesma páxina web, introducindo a comunidade autónoma e o municipio, pódese acceder ao horario dos cursos de proba. Os amesáns e amesás terán a oportunidade de optar entre as clases: Iniciación a zumba, Running de un ou dous quilómetros, Iniciación ao ciclo, acuafit, Iniciación ao bodycombat, Iniciación ao bodypump e Iniciación a Pilates.

O director do C.D A Telleira explica que, aínda que descargar a invitación é o recomendable, tamén é posible acudir directamente ao centro. Na recepción os amesáns poden informarse da programación completa que ofrece o centro. A Telleira ofrece ademais, até o día 7 de febreiro de 2016, a oportunidade de matricularse no centro deportivo sen ningún custe, e incluíndo na oferta quince primeiros días de uso gratuíto. Os novos usuarios e usuarias serán agasallados cun pack de benvida.

A Telleira consta cunhas instalacións compostas por unhas piscina deportiva, unha sala de fitness, unha sala de actividades, sauna e outra sala onde se imparten os cursos de ciclo.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Nutricionista para todos e invitación para ponerse en forma gratis en A Telleira"