[04-07-2017] Durante a última xornada do campus de verán da Fundación Celta de Vigo, as nenas e nenos participantes realizaron unha visita ao estadio de Balaídos. Alí puideron ver o vestiario do primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo, a súa sala de prensa, o túnel dos vestiarios e máis o terreo de xogo, entre outras dependencias. Alén do estadio, as nenas e nenos tamén visitaron as instalacións deportivas de A Madroa.
O último día do campus da Fundación Celta de Vigo foi moi especial para as nenas e nenos participantes, xa que visitaron o estadio de Balaídos. Alí, tiveron a oportunidade de ver o museo, a tenda, o estadio por dentro (os vestiarios e a sala de prensa), o campo, o palco e as gradas. Gustoulles especialmente o túnel dos vestiarios cos seus lemas motivacionais e as fotografías de xogadores e seareiros nas paredes.
Alén diso, tamén aproveitaron a visita para coñecer as instalacións deportivas da Madroa, onde xantaron no comedor do primeiro equipo, cun cáterin feito especialmente para elas e eles. Na Madroa, coñeceron os campos de adestramento (tanto o de céspede artificial como o de céspede natural), os vestiarios, a sala de fisioterapia, o ximnasio e o lugar do “utillero” (a persoa responsable de ter o material deportivo dos futbolistas limpo e ordenado).
A visita rematou coa entrega de diplomas por parte de Germán Arteta, director da Fundación Celta de Vigo. A maiores, tamén houbo un sorteo no que se repartiron 20 agasallos de material deportivo: dez camisetas oficiais (algunhas delas asinadas), dous pares de botas oficiais ADIDAS, medias e pantalóns, entre outros elementos.
IV edición do campus de verán da Fundación Celta de Vigo en Ames
O concello de Ames acolleu, entre o 26 e 30 de xuño, a IV edición do campus de verán da Fundación Celta de Vigo, que se desenvolveu nas instalacións do campo municipal do Milladoiro. Nesta edición participaron arredor de 50 rapazas e rapaces entre os 4 e os 16 anos. O que se pretende con este campus é que as nenas e nenos amesáns practiquen deporte e se divirtan nas vacacións.
Asemade, un dos obxectivos fundamentais é o ensino e perfeccionamento de todos os conceptos relacionados co fútbol e co deporte. Así, as nenas e nenos participantes recibiron información técnica especializada de primeiro nivel, nun ambiente de xogo e entretemento imprescindible para unha boa aprendizaxe. Ademais, todos os días as rapazas e rapaces dispuñan dun pequeno almorzo composto por un bocadillo, froita, agua e bebidas isotónicas. De igual maneira, tamén se lle entregou a cada participante un equipamento oficial da marca ADIDAS (composto por calcetíns, camiseta e pantalón).