[02-04-2012] Aproveitando as vacacións de Semana Santa o Bertamiráns FC, en colaboración co Concello de Ames, organizou o primeiro Torneo de fútbol base Bertamiráns FC, Ames Cup, que se desenvolverá entre o día 5 ata o 8 de abril no campo municipal de Bertamiráns. Neste torneo participan un total de 48 equipos das categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A fase de grupos disputase os días 5 e 6 de abril, mentres que fase de eliminación directa xogarase os días 7 e 8 de abril. As finais de cada categoría disputaranse o domingo 8 de abril pola mañá. Todos os partidos terán dous tempos de 12 minutos cada un, excepto nas finais, onde cada parte terá unha duración de 15 minutos.
Os equipos dividiranse en catro grupos de catro equipos cada un. Na primeira fase os equipos enfrontaranse entre eles disputando tres partidos cada un. Esta fase xogarase os días 5 e 6 de abril. O primeiro e segundo equipo de cada grupo clasificarase para a fase final, mentres que o terceiro e cuarto xogarán a serie de consolación. A segunda fase disputarse os días 7 e 8 de abril e desenvolverase polo sistema de eliminación directa. As finais de cada categoría disputaranse o domingo 8 de abril pola mañá. Todos os partidos terán unha duración de dous tempos de 12 minutos cada un, excepto nas finais, onde cada parte terá unha duración de 15 minutos.
A competición será mixta polo que os equipos poderán estar formados por nenos e nenas. Haberá tres categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Os equipos da categoría prebenxamín disputarán o torneo na modalidade de fútbol 8, mentres que os rapaces e rapazas dos equipos benxamín e alevín participarán na modalidade de fútbol 7. A categoría prebenxamín está dirixida aos nenos/as nacidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2004. A categoría de benxamín está dirixida aos nenos/as nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2002 e na categoría alevín poderán participar os nenos/as nacidos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2000.
O torneo rexerase polas normas da FIFA e da Federación Española de Fútbol, sendo necesario que o Club inscrito esta en competición esta temporada. A organización contará cun máximo de 16 equipos por categoría (prebenxamín, benxamín e alevín). Para resolver calquera dúbida poden chamar ao número de teléfono 620 875 369.
O concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, destacou que “entendemos que esta actividade supón un importante paso adiante no obxectivo común de promover a práctica do deporte entre os máis pequenos cun dobre obxectivo. Dunha banda, trátase de difundir os beneficios do exercicio físico para a saúde dos rapaces pero, ademais, quero incidir especialmente no papel que xoga o deporte como recurso versátil na súa formación como persoas, inculcando valores como o compañeirismo, a solidariedade e, por que non, tamén a competitividade ben entendida".