Pestanas principais

O BNG de Ames logra a unanimidade do pleno na súa defensa dun transporte público de calidade

Sábado, 28 de marzo de 2026

O BNG de Ames presentou no pleno de marzo unha moción na que insta á Xunta de Galiza a realizar unha avaliación detallada do estado do transporte público no Concello de Ames e en relación coa área metropolitana de forma que se faga unha planificación global da situación do transporte,  foi aprobada por unanimidade.

Para os nacionalistas “é fundamental que os horarios sobre os que se planifica o transporte público permitan cubrir as principais horas de acceso a centros de traballo, centros educativos e centros sanitarios”. No caso concreto, da liña que conecta Bertamiráns e O Milladoiro piden que se incrementen as frecuencias, facilitando a mobilidade entre os dous núcleos urbanos do municipio e que se dote dunha nova parada no Polígono. Reclaman tamén o aumento das frecuencias nas liñas que atravesan o rural do concello e dotar do servizo ás parroquias que aínda a día de hoxe non o teñen,  “garantindo así unha mobilidade digna para toda a veciñanza”.

MODIFICACIÓN DA LEI DE PATRIMONIO DE GALIZA 
A partir de xaneiro, tras a modificación da lei Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galiza que se recolle na Lei de acompañamento dos orzamentos de 2026, son os Concellos os que determinan durante o procedemento de concesión de licencia urbanística si as intervencións pretendidas cumpren os obxectivo de protección de valores culturais. O BNG de Ames critica  esta transferencia aos concellos das tarefas de control e xestión do patrimonio cultural galego ao igual que o Consello da Cultura Galega que xa emitiu un informe no que manifesta que “a actual translación de competencias se realiza sen avaliar previa e suficientemente a preparación dos equipos técnicos municipais para afrontar o manexo dos criterios de valoración do patrimonio, que teñen unha inevitable natureza discrecional".  Para os nacionalistas isto representa un retroceso grave para a protección do patrimonio galego. 

O BNG de Ames logra a unanimidade do pleno na súa defensa dun transporte público de calidade