Pestanas principais

O Bertamiráns FC e o Milladoiro SD celebran as súas festas de fin de temporada

Xoves, 21 de xuño de 2012

[21-06-2012] Unha vez remataron as súas respectivas competicións os clubs do Bertamiráns FC e do Milladoiro SD celebran as súas festas de fin de temporada. Esta celebración porá o punto e final á temporada 2011-2012. O Bertamiráns FC celebra a súa festa de fin de temporada este venres, 22 de xuño, no pavillón polideportivo de Bertamiráns. A celebración comezará ás 22:00 horas cunha gran churrascada e sardiñada. Mentres que a festa do Milladoiro SD será nos arredores do campo municipal de fútbol do Milladoiro, onde tamén haberá churrasco e sardiñas. O domingo continúa a actividade deportiva coa final da Copa Autonómica feminina de fútbol sala que se disputará no pavillón de Bertamiráns.

Durante esta fin de semana haberá diferentes actos deportivos no Concello de Ames. O venres e o sábado o Bertamiráns FC e o Milladoiro SD celebran as súas festas de fin de temporada, mentres que o domingo continúa a actividade deportiva coa final da Copa Autonómica feminina de fútbol sala que se disputará no pavillón de Bertamiráns.

O Bertamiráns FC celebra a súa festa de temporada este venres, 22 de xuño, no pavillón polideportivo de Bertamiráns. A celebración comezará ás 22:00 horas cunha gran churrascada e sardiñada.

O día seguinte será a quenda para os membros do Milladoiro SD. Esta festa celebrarase nos arredores do campo municipal de fútbol do Milladoiro, onde tamén haberá churrasco e sardiñas. Ás 14:00 horas haberá unha churrascada. Pola tarde instalarse un proxector e unha pantalla para ver o partido de fútbol de cuartos de final da Eurocopa que disputan as seleccións de fútbol de España e Francia. Para rematar a festa a partir das 22:00 horas farase unha sardiñada.

Nestas festas ademais dos primeiros equipos do Bertamiráns FC e do Milladoiro SD xuntáranse os equipos das categorías de base. O Bertamiráns FC conta con preto de 400 nenos/as que compiten en oito categorías diferentes de fútbol base, mentres que o Milladoiro SD conta con 200 nenos/as pertencentes a 7 categorías de fútbol base.

Final da Copa autonómica de fútbol sala feminino

Por outra banda, o domingo 24 de xuño, ás 18 horas, o pavillón polideportivo de Bertamiráns acolle a final da Copa Autonómica feminina de fútbol sala que se disputará no pavillón de Bertamiráns. Esta final disputarse entre o Fisober FSF (campión da Liga Autonómica) e o Leis de Pontevedra (terceiro clasificado da Liga Autonómica). Esta final está organizada polo club amiense Fútbol Club Meigas.