[20-06-2011] O Trofeo de fútbol Concello de Ames xa ten gañador. O Bertamiráns FC impúxose na final ao Bugallido CF por tres goles a cero. Moitos veciños e veciñas de Ames achegáronse ata o campo municipal de Bertamiráns para gozar dun partido que estivo moi igualado e non se decidiu ata a segunda metade. O alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, e o concelleiro de Acción Parroquial e Rural, Emilio Martínez, foron os encargados de facer entrega dos trofeos ao campión e ao subcampión. O Bertamiráns FC chegou á final despois de gañarlle ao Ortoño FC. Pola súa parte o Bugallido tivo que eliminar ao SCD Ames.



O Bertamiráns FC proclamouse campión desta edición ao vencer por tres goles a cero ao Bugallido CF. O encontro estivo moi igualado durante os noventa minutos. O Bertamiráns FC conseguiu adiantarse na primeira parte cun gol de Nando. Na segunda metade o Bugallido buscou o tanto do empate pero sen éxito. O Bertamiráns conseguiu pechar o encontro mediada a segunda parte cun gol de Ariz. Xa no último minuto do partido chegou o 3-0 definitivo que foi obra de Álex.
Ao final do encontro o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, e o concelleiro de Acción Parroquial e Rural, Emilio Martínez, foron os encargados de entregar os trofeo ao campión e ao subcampión. Ademais houbo medallas para os xogadores dos dous equipos.

Como cada ano, antes de finalizar a tempada, o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizaron o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está máis que consolidado no municipio amiense posto que este ano disputouse a trixésima edición.
Este domingo, 19 de xuño, disputouse a final do XXX Trofeo de fútbol Concello de Ames. A final tivo lugar no campo de fútbol municipal de Bertamiráns, ás 18:30 horas, entre o Bugallido CF e o Bertamiráns FC. O Bugallido impúxose na semifinal a SCD Ames por 3-2, e o Bertamiráns chegou á final despois de imporse por 5-3 ao Ortoño CF.
Previamente, disputouse unha fase de grupos na que se clasificaban para disputar as semifinais os dous primeiros de cada un dos grupos. No primeiro grupo estiveron encadrados o Biduído SR, o Bugallido FC e o Ortoño CF. Mentres que no segundo grupos estiveron o Bertamiráns FC, o CSD Ames, e o FC Agrón.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El Bertamiráns se hace con la Copa de Ames"




