Pestanas principais

O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional

Venres, 24 de abril de 2026

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este domingo, 26 de abril, a cuarta edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e no que colabora o Concello de Ames, entre outras entidades. Participarán máis de 800 persoas repartidas en 70 grupos de 30 asociacións chegadas de diferentes puntos de dentro e fóra do país. A entrada para o evento é gratuíta e comezará a partir das 10.00 horas e continuará ao longo da tarde. Poderá visualizarse o concurso a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse nesta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón.

Este domingo, 26 de abril, o auditorio de Bertamiráns acollerá o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional, un certame organizado pola A.C. Retranqueiros e no que colabora o Concello de Ames. Contarase coa actuación de 70 grupos pertencentes ás 30 asociacións participantes. Unha delas virá de Barcelona.  

O concurso comezará a partir das 10.00 horas e continuará ao longo de toda a tarde. Haberá varias categorías de premios, entre as que se repartirán 3.250 euros. Ningún premio poderá quedar deserto e decidirase un único gañador por premio, sen posibilidade de empate. As categorías son as seguintes:

-Categoría mini (de 3 a 5 anos):
1º Premio: trofeo e 200€.
2º Premio: trofeo e 100€.
3º Premio: trofeo.

-Categoría A (6 a 11 anos):
1º Premio: trofeo e 300€.
2º Premio: trofeo e 150€.
3º Premio: trofeo.

-Categoría B (12 a 16 anos):
1º Premio: trofeo e 300€.
2º Premio: trofeo e 150€.
3º Premio: trofeo.

-Categoría C (de 17 anos en adiante):
1º Premio: trofeo e 1.000€.
2º Premio: trofeo e 500€.
3º Premio: trofeo e 250€.

-Categoría sénior (para pandereteiros/as que comezaron a disciplina en idade adulta):
1º Premio: trofeo e 200€.
2º Premio: trofeo e 100€.
3º Premio: trofeo.

Ademais das categorías mencionadas anteriormente, haberá dous premios especiais decididos a través do voto popular. Un deles decidirase na quenda de mañá, mentres que o outro decidirase na quenda de tarde. Entre os criterios de valoración, o xurado terá en conta aspectos como a autenticidade e dificultade da peza ou a afinación e interpretación da mesma. 

Por outra banda, a entrada ao concurso é gratuíta, mais poderá visualizarse o evento a través da canle de Youtube do Concello de Ames. A sesión de mañá poderá verse a través desta ligazón, mentres que a sesión de tarde poderá visualizarse nesta outra ligazón.

O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional

Multimedia

  • O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional
  • O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional
  • O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional
  • O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional
  • O auditorio de Bertamiráns acolle este domingo o IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional