Pestanas principais

O atletismo amesá estivo representado no VII Campionato nacional sub14

Mércores, 21 de outubro de 2020

A atleta María Estévez, que adestra no club Ames Atletismo, participou co quipo Altética A Silva (club co que compite) no VII Campionato de España sub14 celebrado en Nerja os días 17 e 18 de outubro. A atleta amesá conseguiu o terceiro posto na serie de 1.000 metros. Ademais, o equipo sub14 masculino do Club Atletismo MillaRaio rematou no posto décimo segundo por equipos neste mesmo campionato. Pablo Cariñena, do MillaRaio, conseguiu unha medalla de bronce na proba dos 80 metros lisos.

Ames estivo representando no VII Campionato de España sub14, celebrado en Nerja os días 17 e 18 de outubro, por varios/as atletas. Unha das participantes foi María Estévez que adestra no club Ames Atletismo. A atleta amesá, que competiu coa Atlética A Silva, conseguiu mellorar os seus propios rexistros. Deste xeito, conseguiu un terceiro posto na serie de 1.000 metros mellorando o seu rexistro en 7 segundos. Ademais, alcanzou os 6'20 metros no lanzamento de peso de 3 quilogramos. A vindeira fin de semana, María Estévez competirá en Ourense.

O concello de Ames tamén estivo representando no campionato nacional a través do Club de Atletismo MillaRaio. O equipo amesá rematou no posto décimo segundo na clasificación por equipos, a pesar da atípica tempada e as escasas oportunidades para preparar algunhas das probas da competición.

A actuación de todos os atletas do equipo (Adrián Sesar, David Moreno, Jorge García, Nadir Moreira, Nuno Castro, Pablo Cariñena, Pablo Leiva e o filial Alejandro González) foi excelente, con moitas melloras de marcas persoais, e cunha medalla de bronce individual lograda por Pablo Cariñena na proba dos 80 metros lisos. En conxunto foi unha grande experiencia para estes atletas, compartindo dúas xornadas de campionato con atletas de 38 clubs de toda España.

Club MillaRaio.

Multimedia

  • María Estévez.
  • Pablo Carinena.