Pestanas principais

O AmesON porá a guinda ao Ameneiral Fest coa actuación de Los Mecánicos

Venres, 11 de agosto de 2023

A romaría urbana do “Ameneiral Fest” terá lugar este sábado, 12 de agosto, a partires das 13:30 horas, no parque do Ameneiral. Trátase dunha iniciativa posta en marcha por primeira vez este ano pola comisión de festas de Bertamiráns, que busca achegar os festexos ao centro da vila. Esta xornada de música e cultura terá o seu cumio as 21:00 horas coa actuación de Los Mecánicos, que se engloba dentro do programa AmesON do Concello de Ames, en colaboración coa comisión. Mad Martin, La Reunión, Michu da Rocha e Doctor Snob son as actuacións previstas para esta xornada.

As festas da Peregrina 2023 contan cunha nova actividade, posta en marcha pola comisión por vez primeira, a romaría urbana Ameneiral Fest. O obxectivo desta iniciativa é levar a festa ao centro de Bertamiráns, de xeito que exista un retorno económico para os establecementos comerciais e hostaleiros da localidade.

A romaría dará comezo a partir das 13:30 horas. Ata as 21:00 sucederanse as actuacións de distintos grupos: Mad Martin, La Reunión, Michu da Rocha e Doctor Snob. As persoas que queiran quedar a xantar poderán gozar dun menú a prezos populares composto por churrasco, chourizos criollos, empanada e bebida.

Unha vez rematadas as actuacións das catro bandas, ás 21:00 horas, terá lugar o concerto de Los Mecánicos, co que o programa AmesON pecha o mes de agosto. O domingo 3 de setembro rematará a programación deste programa estival, co espectáculo da Orquestra Olympus no aparcadoiro do Supercor en Milladoiro, no que actuarán como teloneiros os gañadores da terceira edición do concurso musical Canta con Ames.

Cartaz do Ameneiral Fest

Multimedia

  • Cartaz do Ameneiral Fest