Pestanas principais

O amesán Lucas Castillo proclámase subcampión de España sub-19 de squash

Domingo, 01 de febreiro de 2026

O deporte amesán está de celebración logo de que unha das súas grandes promesas, como é o xogador de squash Lucas Castillo, acadase a medalla de prata no Campionato de España sub-19 desta disciplina, celebrado na fin de semana do 23 ao 25 de xaneiro en Tenerife, e no que firmou unha excelente participación pese a caer derrotado na final.

O xove deportista de 17 anos, que actualmente pertence ao Squash Club Santiago – Golán Squash Academy, realizou un torneo brillante, no que foi quen de superar aos seus rivais ronda por ronda ata chegar á semifinal. Nesta última eliminatoria tivo que medirse ao cabeza de serie número 2 do torneo, Alex Boni, ao que venceu por 3/0. 

Xa na final, agardábao o gañador das últimas dúas edicións do campionato, o catalán Oriol Sálvia. Un duro rival que dende a primeira ronda non concedeu un só xogo a ningún dos seus opoñentes, incluído Lucas Castillo. Aínda así, a final foi emocionante e competida ata o final, poñendo en valor o gran traballo do deportista amesán, que acumula un rexistro de 113 vitorias e 43 derrotas en 42 torneos.

Novas relacionadas

Diario de Santiago: "O amesán Lucas Castillo proclámase subcampión de España sub-19 de squash"

O amesán Lucas Castillo proclámase subcampión de España sub-19 de squash

Multimedia

  • O amesán Lucas Castillo proclámase subcampión de España sub-19 de squash