Pestanas principais

O amesán Borja Golán recibe unha homenaxe sorpresa na Copa de España Absoluta de Squash

Martes, 17 de outubro de 2023

A Federación Galega e o Squash Club Santiago quixeron preparar unha homenaxe sorpresa á lenda do squash Borja Golán Santín. O acto estivo presentado polo periodista e amigo do homenaxeado Carlos Macía.

Neste acto o moi emocionado Borja Golán puido recibir o cariño de amigos, federacións, institucións e do seu club de toda a sua vida. Ademais das palabras que lle dedicaron e regalos que lle fixeron, o colofón veu co mural cunha imaxe de Borja e unha frase súa que quedará permanente nunha das paredes na zona das pistas de squash.

O alcalde de Ames, Blas García non perdeu ocasión de destacar a ”os éxitos profesionais que o acreditan como un profesional cunha gran calidade dentro da pista, pero tamén cunha gran calidade humana e humildade”. O rexedor finaliza explicando que “Ames  ten unha débeda con Borja por levar o nome do concello polo mundo adiante. Esperemos poder pagarlla algún día”.

Copa de España Absoluta de Squash
A viguesa Marta Domínguez e o catalán Iker Pajares proclámanse campións da Copa de España absoluta. A xogadora galega fíxose coa vitoria despois de derrotar nun impecable partido á número 1 arxentina Pilar Etchechoury por 3/0, o terceiro posto foi para a tamén viguesa Icía Riveiro que se desfacía da xogadora do Squash Santiago Inés Gómez por un axustado 3/2.

No cadro masculino Iker Pajares venceu na final ó xogador arxentino, que adestra dende fai un ano na Golán Squash Academy en Milladoiro, Robertino Pezzota por 3/1. O terceiro posto foi para o catalán Bernat Jaume tamén xogador da Academia.

A entrega de trofeos contou coa presencia de: Blas García, alcalde do Concello de Ames; Miguel Fernández, xerente del Squash Santiago; Catuxa Codesido, presidenta de la Federación Galega de Squash; Pablo Del Rio, presidente de la Real Federación Española de Squash; Roberto García, xefe do servizo provincial de deportes en A Coruña; Manuel Cornes, presidente do Squash Club Santiago.

No acto de entrega tamén se celebrou un minuto de silencio polo falecemento a semana pasada de Francisco Molina, un xogador de squash granadino moi querido por todos os xogadores e especialmente polos do Squash Santiago.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Homenaxe ao amesán Borja Golán na Copa de España Absoluta de Squash"

O amesán Borja Golán recibe unha homenaxe sorpresa na Copa de España Absoluta de Squash

Multimedia

  • O amesán Borja Golán recibe unha homenaxe sorpresa na Copa de España Absoluta de Squash
  • O amesán Borja Golán recibe unha homenaxe sorpresa na Copa de España Absoluta de Squash
  • O amesán Borja Golán recibe unha homenaxe sorpresa na Copa de España Absoluta de Squash
  • O amesán Borja Golán recibe unha homenaxe sorpresa na Copa de España Absoluta de Squash