Pestanas principais

O alumnado dos colexios de Barouta e Ventín conmemoran o Día da Muller e a Nena na Ciencia co proxecto “Miña avoa xa facía ciencia”

Mércores, 11 de febreiro de 2026

O alumnado do CEIP de Barouta e do CEP de Ventín conmemorou o Día da Muller e a Nena a Ciencia co proxecto “Miña avoa xa facía ciencia”, unha iniciativa que organizou o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, co obxectivo de recoñecer e poñer en valor a sabedoría feminina tradicional (en xeral, invisibilizada) e amosar como as mulleres galegas, dende os seus fogares, eidos ou talleres, xa practicaban ciencia antes de ter nome ou recoñecemento académico. O Concello de Ames pertence á Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación (Rede Innpulso), que é un proxecto impulsado e cofinanciado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Preme nesta ligazón para ver un vídeo resumo das actividades realizadas dentro de dito proxecto.

O alumnado de infantil e primaria do concello de Ames puido desfrutar dunhas actividades onde eles mesmos e as súas familias foron os protagonistas. A iniciativa, proposta desde o Concello a todos os centros, contou coa participación de familias do CEP de Ventín e do CEIP de Barouta. Nos demais centros, nesta ocasión, non puideron sumar participación por causas alleas, aínda que trasladaron a idoneidade da proposta para conmemorar este día.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “a ciencia non naceu só nos laboratorios, xa que durante xeracións, as mulleres do rural galego aplicaron coñecementos empíricos e técnicas transmitidas oralmente que responden aos mesmos principios da observación, experimentación e aprendizaxe científica. Por iso puxemos en marcha este proxecto co obxectivo de dar voz a esas mulleres que desde hai moitos anos empregan estas técnicas. Ademais, estas actividades serven para promover vocacións científicas femininas, unindo pasado e presente”.

No CEIP de Barouta, o alumnado puido ver como Domi, xunto co seu neto Samuel, cociñaban un iogur caseiro; ou como Isabel e o seu neto Mateo construían poteiras, o aparello que se utiliza para pescar chopos e luras. 

No CEP de Ventín, pola contra, aprenderon a conservar comida coa técnica de salazón, da man de María José e a súa neta Valentina; a crear unha mestura para poder sacar as miñocas da terra, con Susana e o seu fillo Tiago; a elaborar xabón con graxa e sosa, grazas a Dorinda e a súa neta Claudia; a curar furúnculos e acne con mel quente e cebola, da man de Lita e a súa neta Noa; e a facer xabón caseiro con aceite usado e sosa, con Ángeles e a súa neta Uxía.

Ademais, tamén houbo espazo para aprendizaxes culinarias, xa que Carla, xunto coa súa avoa Ángeles, ensinoulle ao alumnado como facer queixo con soro; Noel e a súa avoa Juana fixeron o propio co pan de broa; e Celia e a súa neta Natalia mostraron o proceso de elaboración do viño.

Proxecto “Miña avoa xa facía ciencia”
Este proxecto, promovido polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, xorde coa intención de reivindicar e dar voz ás mulleres do rural galego como transmisoras do coñecemento científico e técnico, acotío silenciadas. Do mesmo xeito, a iniciativa busca promover vocacións científicas femininas involucrando ao alumnado dos centros educativos de Ames cun fío conector co seu pasado familiar.

A culminación deste proxecto virá coa creación dun documental participativo que recolla diferentes testemuños do alumnado e as súas avoas e bisavoas, conseguindo, deste xeito, crear unha rede interxeracional que permita aos cativos e cativas ter conciencia do nesgo de xénero ao que tradicionalmente está sometido o mundo científico.

Novas relacionadas

AmsGO!: "Alumnado de Barouta e Ventín celebran o Día da Muller e a nena na Ciencia"

O alumnado dos colexios de Barouta e Ventín conmemoran o Día da Muller e a Nena na Ciencia co proxecto “Miña avoa xa facía ciencia”

Multimedia

  • O alumnado dos colexios de Barouta e Ventín conmemoran o Día da Muller e a Nena na Ciencia co proxecto “Miña avoa xa facía ciencia”

  • Embedded thumbnail for