Os alumnos/as dos grupos da Ameixenda, Cruxeiras e Milladoiro da actividade de memoria, do programa Amessan, visitaron o Museo Pedagóxico de Galicia. En dito museo expóñense permanentemente as recreacións de instalacións escolares doutros períodos, así como outros recursos pedagóxicos da historia da educación en Galicia. Nesta v
O alumnado do obradoiro de memoria, do programa Amessan, percorreu o museo acompañado dos seus guías nunha viaxe a súa infancia cheo de lembranzas e anécdotas, especialmente nos espazos dedicados ás aulas históricas ou nos que se amosan materiais escolares ou xoguetes da súa infancia. As actividades de memoria levaranse a cabo na Ameixenda, os xoves de 16:15 a 18:15 horas, Cruxeiras, os mércores de 15:30 a 17:30 horas, e no Milladoiro, os luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas e os martes de 18:00 a 20:00 horas, entre outros lugares.











