Pestanas principais

O alumnado do CEIP Agro do Muíño participa nunha visita á depuradora de Sisalde que se enmarca no proxecto “Móllate polo Sar”

Venres, 04 de abril de 2014

[04-04-2014] O CEIP Agro do Muíño, en colaboración co Concello de Ames, está desenvolvendo un programa de visitas á depuradora de Sisalde. para que o alumnado deste centro de ensino coñeza máis de preto as instalacións desta EDAR. A semana pasada participaron nesta actividade os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. A próxima semana, se o tempo o permite, rematará este programa coa visita dos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Móllate pola Sar”, que está desenvolvendo este curso o CEIP Agro do Muíño en colaboración coa Aula da Natureza do Concello de Ames.


Posteriormente, aplícase un des-areado (separación de sólidos pequenos moi densos como a area) seguido dunha sedimentación que separa os sólidos suspendidos existentes na auga. Despois retíranse as graxas e a auga pasa ao reactor biolóxico onde un tipo de bacterias ben osixenadas converten progresivamente a materia biolóxica disolta nunha masa. Xa por ultimo a auga vai a un gran decantador onde por peso as partículas sólidas vanse para o fondo e a auga limpa cae polo borde superior transportándose dende alí ao rio.

Os rapaces e rapazas tamén puideron coñecer as diferencias entre as ETAP e as EDAR. As primeiras son plantas potabilizadoras de augas, mentres que as EDAR son plantas de depuración de augas residuais provenientes de vivendas, empresas e comercios, obtendo unha depuración das mesmas que permita devolver a auga ao ambiente.

O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, está colaborando co CEIP Agro do Muíño no desenvolvemento do proxecto “Móllate polo Sar”. O alumnado deste centro de ensino está traballando este curso sobre diferentes aspecto do río Sar. Ao longo deste curso o alumnado xa participou en diferentes actividades sobre o río Sar, organizadas polo Concello de Ames, para reforzar o que os rapaces e rapazas aprenderon nas aulas.

Unha destas actividades é a visita que están realizando á depuradora de Sisalde. A semana pasada participaron nesta actividade os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. A próxima semana, se o tempo o permite, rematará este programa coa visita dos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria. En primeiro lugar, os técnicos da empresa que xestiona esta depuradora doulle unha serie de recomendacións aos alumnos/as sobre as pautas de seguridade e comportamento que tiñan que adoptar na súa visita a esta planta depuradora.

A continuación, os rapaces e rapazas dividíronse en dous grupos. Mentres un dos grupos visitou a depuradora seguindo o camiño que fai a auga dende que chega a esta planta ata que se devolve depurada ao medio, o outro grupo atendeu as explicación máis técnicas de todos os procesos os que se somete a auga para que deixe de estar contaminada. O tratamento de augas residuais comeza pola separación física inicial de sólidos grandes (lixo) da corrente de augas domésticas ou industriais empregando un sistema de mallas.