Pestanas principais

O alumnado de O Bosque planta árbores no Monte Escolar conmemorando o Día do Medio Ambiente

Venres, 03 de xuño de 2016

[03-06-2016] Este domingo é o Día Mundial do Medio Ambiente, data celebrada cada 5 de xuño dende 1973. O alumnado da EIM O Bosque quixo contribuír a esta conmemoración plantando hoxe catro carballos e tres castiñeiros no Monte Escolar, situado no lugar de Carballo, na parroquia de Trasmonte.

Foron os nenos e nenas de 2 a 3 anos os que, coa axuda das mestras, plantaron os carballos e as castiñeiros nuns vasos de iogur a principio de curso. Cando medraron o suficiente transplantáronos á horta do centro. Coidaron deles ao longo dos tres trimestres e nesta mañá leváronos até o Monte Escolar, para celebrar así o Día Mundial do Medio Ambiente.

Nenas e nenos fixeron unha excursión até lugar coas súas mestras. Alí unha técnica do Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames axudoulles levando as ferramentas necesarias e ensinándolles como empregalas. Despois de plantar os carballos e os castiñeiros as árbores castiñeiros explicoulles aos pequenos e pequenas o funcionamento do Monte Escolar. Trala actividade o grupo foron xogar ao aire libre no campo da festa de Trasmonte, onde tomaron a merenda.

O Monte Escolar amesán sitúase sobre unhas parcelas nas que, antes da devastación da zona provocada por un incendio en 2006, medraban sobre todo piñeiros. O Concello de Ames comprometeuse cando lle foron cedidas as parcelas a repoboalo con especies de árbores autóctonas galegas. Nel lévanse a cambo actividades didácticas, tanto cos centros escolares como coa veciñanza.



Contido relacionado


El Correo Gallego:" Plantación de árboles y un futuro sin fuel fósil para los amienses"
La Voz de Galicia:"El alumnado de O Bosque plantó árboles por el día del Medio Ambiente"