[20-06-2014] A escola infantil municipal da Madalena celebrou este venres, 20 de xuño, pola tarde na Casa da Cultura do Milladoiro o seu tradicional festival de fin de curso. Os nenos e nenas, pais e nais, profesoras e persoal da escola infantil gozaron de actuacións musicais dos alumnos e alumnas maiores, de 2 a 3 anos, dos membros da ANPA da Madalena e das mestras. Para poñer punto e final ao curso 2013-2014, os nenos e nenas da escola infantil irán este sábado de excursión á praia fluvial de Tapia.
Trala actuación dos rapaces e rapazas tocoulle a quenda aos membros da ANPA da Madalena, que bailaron ao ritmo da canción Como los Gorilas. Por ultimo, saíron ao escenario as mestras da EIM A Madalena que cantaron e bailaron coa canción Verano. A festa da escola infantil municipal da Madalena rematou cunha merenda na que tanto pais e nais, como nenos e o persoal da escola pasaron un anaco moi relaxado onde aproveitaron todos para despedirse entre petiscos.
Excursión á praia fluvial de Tapia
Para poñer punto e final ao curso 2013-2014, os nenos e nenas da escola infantil irán este sábado de excursión á praia fluvial de Tapia. A visita comezará ás 11:00 da mañá cun espectáculo de música e baile e ao seu remate haberá obradoiros de globoflexia, maquillaxe, pintado de casiñas e música tradicional. Ás 14:00 terá lugar a comida e, seguidamente, os nenos e nenas gozarán dunha festa con inchables.
Os nenos e nenas de 2 a 3 anos da escola infantil municipal A Madalena celebraron a súa graduación cunha gran festa na Casa da Cultura do Milladoiro na que houbo moita música, diversión e gargalladas de risa. En primeiro lugar actuaron os alumnos/as de 2 a 3 anos da aula C, que bailaron ao ritmo da canción tradicional galega O Pirimpimpín, do grupo Malvela. De seguido, actuaron os nenos/as da aula B, que interpretaron a canción Imaxínate, de Migallas. En terceiro lugar actuaron os rapaces e rapazas da aula A, que bailaron ao ritmo da canción Imos á praia.
Despois de cada unha destas actuacións, os nenos e nenas recibiron os seus correspondentes diplomas de graduación. Ademais, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, en representación do Concello de Ames obsequiou a cada alumno/a cunha gorra de agasallo.