- Tematica
As nenas e nenos usuarias da Rede municipal de comedores escolares xantaron hoxe hamburguesa, de segundo prato, e xeado artesán de vainilla, de sobremesa, un menú elixido previamente nas eleccións feitas o pasado 5 de xuño. Nesta ocasión, por cuarto ano consecutivo, impúxose a hamburguesa. O primeiro prato, puré de verduras, foi escollido pola nutricionista municipal. Este foi o vixésimo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares.
As usuarias e usuarios da Rede municipal de comedores escolares manteñen as súas preferencias este ano para despedir o curso. Por cuarta vez o alumnado elixiu a hamburguesa como prato principal para o menú de fin de curso que se serviu hoxe, penúltimo día de clase, xa que o venres unha gran parte do alumnado xa come nas súas casas.
Este foi o vixésimo ano no que se celebraron estas peculiares eleccións nos comedores escolares. Nesta ocasión, o alumnado tivo que escoller entre cinco posibilidades: albóndegas con arroz e salsa de tomate; pizza de xamón e queixo; churrasco con ensalada de froitos vermellos; hamburguesa con ingredientes a elixir; e salmón ao forno con arroz.
Dende o 2011 o churrasco con patacas fritas gañou en nove ocasións e a pizza de xamón e queixo dúas veces. En 2011, 2012 e 2013 gañou o churrasco, mentres que en 2014 e 2015 impúxose a pizza. En 2016, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2021 volveu a gañar o churrasco como o prato favorito dos nenos e nenas da Rede municipal de comedores escolares ata o ano 2022 no que por primeira vez se impuxo a hamburguesa. En 2023 e 2024 volveu gañar a hamburguesa con patacas fritas.
Por outra banda, a listaxe de opcións de sobremesa tamén contiña cinco opcións que son o iogur artesán con melocotón; xeado artesán de vainilla; xeado de polo; flan con nata; e amorodos con nata. Para a sobremesa elixiron xeado artesán de vainilla.
A nutricionista elixe un prato
O Concello fai valer a súa representatividade para elixir outro prato que completa o menú de fin de curso, de maneira que dúas comidas son decisión dos cativos e outra vén definida pola dirección da Rede municipal de comedores escolares. Deste xeito, o primeiro prato que se serviu foi puré de verduras.
Outro obxectivo que se busca con estas eleccións é que o alumnado aprenda os valores dunha educación en democracia e a respectar o que elixe a maioría. Ademais esta actividade serve para que o Concello coñeza os gustos e preferencias dos máis cativos a hora de xantar.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Escolares de Ames eligen hamburguesa en la tradicional votación del menu de fin de curso"
Diario de Santiago: "O alumnado da Rede municipal de comedores escolares de Ames elixe hamburguesa e xeado artesán de vainilla para rematar o curso"