Pestanas principais

O alumnado da escola municipal de música de Ames despide o curso cun concerto na Casa da Cultura do Milladoiro

Venres, 21 de xuño de 2013

[21-06-2013] O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este venres, 21 de xuño, o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). A cita comezou ás 20:00 horas e nel participaron os alumnos/as da escola que tocaron pezas amenas, e interpretaron tanto autores clásicos como autores máis modernos. Este concerto clausurou o curso 2012-2013 e serviu para mostrarlles ás familias do alumnado e á cidadanía en xeral o traballo que se desenvolveu durante estes oito últimos meses na EMMA. As clases do vindeiro curso comezarán no mes de outubro. Por parte do goberno municipal asistiron a este concerto a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, e o concelleiro de Educación, Bernardo Moar. Tamén asistiron os concelleiros do grupo de non adscritos Anxo Doval e Alfonso Rey.

O principal obxectivo deste concerto é que os alumnos e alumnas da escola poidan poñer en práctica as destrezas que adquiriron cos seus instrumentos durante este curso. Aos nenos e nenas failles unha especial ilusión tocar diante dos seus pais e nais, pero tamén para toda a veciñanza en xeral que desexe gozar do concerto.

O concerto que puxo punto e final ao curso da EMMA comezou coa actuación do alumnado de música e movemento que interpretaron “O pezinho” de Mamá Cabra e “Little Einstein”. Esta última peza estivo dirixida por Guillermo Meizoso. De seguido actuaron os alumnos/as de percusión e batería. David Rouco e Marcos Morán interpretaron “Dueto Caixa e Tom”.

As nenas e nenos que asistiron as clases de instrumentos interpretaron varias pezas. Primeiro actuaron os rapaces e rapazas que participaron nas clases de xilófono. Aída e Mateo Raíndo interpretaron “Duo Minuet”, de Bach; “Barcarolle, cuentos de Hoffman”, de Jacques Offenbach; e “Swannee River”, unha canción popular americana. Despois, tocou o grupo de saxofóns. Celia Tajuelo e Ángel Sánchez tocaron o tema “Canción de Cuna”. Mentres que a orquestra de guitarras interpretou o tema “Pequena serenata nocturna”, de W.A. Mozart.

Alumnado de canto
O concerto continuou coa actuación do alumnado de canto. Óscar Suárez (guitarra) e Aida Raíndo (voz) tocaron “Heaven”, de Bryam Adams, e Óscar Suárez (guitarra) e Marta Costoya (voz) interpretaron “Isn't she lovely”,de Stevie Wonder. A continuación interveu Sandra Abel (voz e piano) que cantou “Someone like you”, de Adele, e Brais Cantorna (piano) e Carmen Castro (voz) interpretaron “Para toda la vida”, del Sueño de morfeo. Por outra banda, Brais Cantorna (piano) e Rebeca Soliño (voz) tocaron “The Climb”, de Miley Cyrus, e Ayantu Vales, Sara Millán, Celia Proupin e Maite Pellegrin cantaron “We are never ever back together”, de Taylor Swift. Por último, Mario Uzquiaga cantou “Pan y mantequilla”, de Efecto pasillo.

Logo foi a quenda dos alumnos e alumnos de violín da EMMA, que tocaron no concerto de fin de curso “Canto de Andar” e “O son do Ar” do grupo Luar na Lubre e “Piratas del caribe” de Hans Zimmer. Ao escenario da Casa da Cultura de Bertamiráns subiron despois os alumnos/as de linguaxe musical que interpretaron os temas “Dindolo” e “Osito Gominola”. Seguidamente, os nenos/as da orquestra de frautas e saxofóns tocaron o “Himno de la alegría”, de L. V. Beethoven, e os temas “Londonderry” e “Groovy kind of love”.

Tras estas cancións, foi a quenda do grupo instrumental e do coro. Primeiro o coro interpretou “Mami es tu cumple”. A continuación o grupo instrumental e coro tocaron “Caresse sur l'ocean” e “Mira tu camino”, ambos os dous temas pertencen a banda sonora orixinal de Los chicos del coro.

Actuación dos grupos de combo
Para rematar o acto de fin de curso, os alumnos e alumnas de combos de adultos interpretaron varias cancións. A primeira foi “Déjame”, de Los Secretos, e “Wonderful world” de Louis Amstrong, con Sandra Abel e Brais Cantorna (voces), Pepo Suevos (batería), Eva Millares (baixo), Cristina Ayala (teclados), Luis Durán e Óscar Fernández (guitarras).

Tras esta actuación subiron ao escenario os rapaces e rapazas do combo xuvenil, que tocaron “Por la boca vive el pez”, de Fito & Fitipaldis, e “Miña terra galega”, de Siniestro total. Neste caso, estas pezas foron interpretadas por Mateo Raíndo (batería), Eva Millares (baixo), Brais Cantorna (teclados), Javi Abel e Óscar Suárez (guitarras), Nerea Montes (frauta) e Aida Raíndo e Sandra Abel (voces).