[18-06-2014] O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este venres, 20 de xuño, o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). A cita comezará ás 20:00 horas e nel participarán os alumnos/as da escola que tocarán pezas amenas, e interpretarán tanto autores clásicos como autores máis modernos. Este concerto clausurará o curso 2013-2014 e servirá para mostrarlles ás familias do alumnado e á cidadanía en xeral o traballo que se desenvolveu durante estes oito últimos meses na EMMA. Ademais, este xoves 19 de xuño, ás18:00 horas, haberá unha audición de piano na Casa da Cultura de Bertamiráns.
O principal obxectivo deste concerto é que os alumnos e alumnas da escola poidan poñer en práctica as destrezas que adquiriron cos seus instrumentos durante este curso. Aos nenos e nenas failles unha especial ilusión tocar diante dos seus pais e nais, pero tamén para toda a veciñanza en xeral que desexe gozar do concerto.
O concerto que pon punto e final ao curso da EMMA comezará coa actuación do alumnado de música e movemento que interpretarán o tema Chiqui-chiqui, de Sabaxáns, e Zumba Olé. De seguido, actuarán os alumnos/as de violín. Primeiro interpretarán a canción tradicional, ¿Estrellita donde estás?, e despois será a quenda do grupo “Jóvenes Águilas”, que está composto por Laura Casas Ramos, Roi Monteiga Castano, Iria Fernández-Cid Saiz, Carlos Guitier Picón, Constanza Dapena Blanco, Andrés Castelo Corral, Carlota Curra Filgueira, Xabier Novoa Gómez, Noa Díaz Vizoso, Iván Lodeiro Tato e Guillermo Güimil.
A continuación saíran ao escenario os rapaces e rapazas de 1º e 2º de linguaxe musical, que interpretarán o tema La donna e mobile. Ademais, o coro e o alumnado de 1º de linguaxe musical, así como os membros que cursaron música para adultos (batería: Pepo Suevos; guitarra: Luís Durán; e piano: Pablo Fernández) interpretarán o tema, Que canten los niños.
O alumno de percusión, Nicolás Pato Ces, tocará dous temas populares (A saia da Carolina e A Regueifa), mentres que os percusionistas, David Rouco e Marcos Morán, interpretarán a Obra de Caja y Tom. Por outra banda, a orquestra de guitarras interpretará Palladio (primeiro andamento), concerto Grosso de Karl Jenkins.
Actuacións de canto moderno
As nenas e nenos que asisten ás clases de canto moderno interpretarán os seguintes temas; Solo tú, de Paula Rojo (Celia Proupín); I think about you, de Roos Lynch (Lucía Núñez); Unfaithful, de Rihana (Paula Barral); Blanco y negro , de Malú (Sara Millán); Just tonight, de Pretty Reckless (Carmen Castro); Tú eres mi canción, de Lucía Gil (Maíte Pellegrino); Mil maneras, de David Bisbal (Mario Uzquiaga); I wanna dance with somebody, de Whitney Houston (Rebeca Soliño); Garota de Ipanema, de Antonio Carlos Jobim (Vicente Carballo-voz e Óscar Suarez-guitarra).
Posteriormente, intervirá o alumnado de violín que tocarán os temas I don´t want ti miss a thing, de Aerosmith, e Nothing else matters, de Metallica. Tamén actuará o grupo de violíns “Las pesadillas de Aga”, que está composto por Javier Abel Grandío (guitarra), Nerea Montes Pérez (frauta), Javier Rouco Almuiña, Mara Riveiro Alonso, David Ramón Paz Ferreira, Iria Gümil Fuentes, Irene Adan Barrientos, Lía Vázquez Lameiro, Guillermo Güimil Fuentes, Nuria Cal Iglesias, Guillermo Lourido Torres, José Manuel Blanco Goldar, Andrés Álvarez Carou, Iria Fernández – Cid Saiz, Carlos Guitier Picón, e Andrés Castelo Corral.
Por outra banda, as alumnas de saxofón Sofía Enríquez Rubal e Unai Peral Fernández interpretarán o tema popular, Ve y dile a tía Rody, mentres que Mara e Antón Riveiro Alonso, Ángel Sánchez Nimo, Roi Fernández Candocia, David Ramón Paz Ferreira, Juan Alfredo Martínez Pereiro, Celia Tajuelo Sánchez e Luís Bao tocarán a peza O son do ar, do grupo Luar na lubre. O alumnado de canto tocará o tema Let it go, que pertence á banda sonora de Frozen: El reino del hielo.
Na parte final do concerto, a orquestra de frautas, saxos e percusión interpretará a banda sonora de Piratas del Caribe, e Javier Abel Grandío (guitarra), Nerea Montes Pérez (frauta) e Iria Güimil Fuentes (violín) tocarán o tema Camiño de Santiago, de Carlos Núñez.
Actuación dos grupos de combo
Para rematar o acto de fin de curso, os alumnos e alumnas de combo xuvenil, que está composto por David Amoza (batería), Óscar Fernández (guitarra), David Reino (baixo, Aida Raíndo (voz) e Pablo García (congas), interpretarán o tema Tal para cual, de Luz Casal.
O concerto rematará coa actuación do grupo de combo de adultos que está composto por Rafael Pardo Montaña (voz e saxo), Óscar Fernández Rodríguez (guitarra), Luís Durán Ageitos (guitarra), Eva Millares (baixo) e Pepo Suevos (batería), que tocarán os temas Salta, de Tequila, e Resistiré, do grupo El dúo dinámico.
Audicións de piano
Este ano introduciuse unha novidade no programa formativo da Escola Municipal de Música de Ames. As audicións que antes se facían nas aulas da propia escola, este ano pasan a desenvolverse nas Casas da Culturas de Bertamiráns e do Milladoiro co fin de que o alumnado se acostume a actuar nun auditorio e lle perda o medo ao escenario.
Deste xeito, este xoves 19 de xuño, 18:00 horas, haberá unha audición de piano na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá 26 actuacións individuais de piano. En principio as audicións están dirixidas ao alumnado da escola e aos familiares do alumnos/as, pero se calquera veciño/a está interesado en acudir a escoitar aos rapaces e rapazas poderá facelo xa que están abertas ao público en xeral.




