Pestanas principais

O alumnado da Escola Infantil Municipal “O Bosque” visita aos maiores do centro de día “Más Vivir”

Mércores, 08 de xaneiro de 2020

Un ano máis, as nenas e nenos da Escola Infantil Municipal “O Bosque” realizaron unha saída ao centro de día “Más Vivir” de Bertamiráns. A actividade consistía en pasar un rato cos avós e avoas que están no centro para así compartir xogos e actividades. A experiencia vívea unha clase de 2 a 3 anos por trimestre.

Con motivo da visita, os pequenos dunha das aulas de 2 a 3 anos da Escola Infantil “O Bosque” leváronlle uns agasallos aos maiores en forma de figuras de avós para decorar o seu centro, mentres que os maiores lles esperaban cunha rica merenda para que puidesen degustar no seu centro.

Tanto nenos como maiores puideron gozar de xogos e actividades xuntos, xa que as actividades que necesitan moitos dos avós e avoas que se encontran no centro, son moi similares ás que fan as crianzas na Escola Infantil.

Convértese así nunha experiencia moi enriquecedora para ambas partes, razón pola cal a Escola Infantil Municipal a leva realizando dende fai tres anos. No próximo trimestre os encargados de visitar aos maiores será outra das aulas de 2 a 3 anos que hai na escola.

O centro de día “Más Vivir” de Ames
O centro de día “Máis Vivir” de Ames encóntrase en Bertamiráns. O seu principal obxectivo é a atención global ao maior e cubrir as necesidades que se poden presentar respecto ao coidado das persoas maiores, prestando un servizo adecuado e flexible, capaz de adaptarse ás circunstancias de cada usuario e da súa familia.

Os centros de día son servizos especializados na atención e asistencia aos maiores, onde un grupo de profesionais se adica á prevención, intervención e coidado dos mesmos. O seu obxectivo é manter ao usuario na súa comunidade. Desta maneira, poderían considerarse como o elo intermedio entre unha total independencia do maior e a súa institucionalización, un punto necesario para mellorar a súa calidade de vida e manter o seu nivel de autonomía.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Encuentro intergeneracional en Ames"

Compostela 24 horas: "Os rapaces da Escola Infantil "O Bosque" visitan aos maiores do centro de día "Máis Vivir""

A Escola Infantil Municipal “O Bosque” visita aos maiores

Multimedia

  • A Escola Infantil Municipal “O Bosque” visita aos maiores
  • A Escola Infantil Municipal “O Bosque” visita aos maiores
  • A Escola Infantil Municipal “O Bosque” visita aos maiores
  • A Escola Infantil Municipal “O Bosque” visita aos maiores