[21-06-2012] Os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal O Bosque non paran de facer obradoiros e celebracións como nos teñen acostumados. Neste caso a escola organizou un curso de educación viaria para que os nenos e nenas coñezan as sinais de circulación, os pasos de peóns, os semáforos, etc. Ademais, os nenos/as realizaron un obradoiro no que pintaron semáforos respectando as cores e o seu orden. Nesta actividade participaron os alumnos e alumnas de 2 a 3 anos.
Dentro da programación da Escola Infantil Municipal O Bosque, todos os anos durante o terceiro trimestre o alumnado desta escola participa nun curso de educación viaria. Os nenos e nenas de 2 a 3 anos aprenden a diferenciar as sinais de tráfico e coñecen a normas de circulación que teñen que adoptar cando van camiñando por unha beirarrúa e no momento de cruzar unha estrada.
Este curso desenvolveuse tanto no interior da escola coma no exterior onde puideron poñer en práctica o aprendido. Na aula os nenos/as pintaron semáforos respectando as cores e o seu orden. Tamén aprenderon a cruzar polos pasos de peóns e a parar sempre que atopen unha sinal de stop.
Todos os pais e nais que o desexen poden ver unha reportaxe fotográfica de todas estas actividades na porta de entrada á escola e os que queiran poderán facer copias das fotos que máis lles gusten. Todas estas actividades do programa Coñecendo o contorno máis próximo pretenden achegar os nenos e nenas ao seu exterior máis inmediato, así como ensinarlles o funcionamento de distintos organismos que son fundamentais para a súa vida diaria.




